ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Agora entramos nós

Agora entramos nós

2005-06-28 01:52:18+02

Moito tempo, unha vida como quen di, tivo que pasar para que fosen certas as verbas da canción de Bibiano. Moito, moito tempo que algúns vemos cada mañá reflexado no rostro, no pelo ou no non pelo, no cansancio, no cinismo e na falla de ilusión. Pero agora botámolos, o caimán vaise para Barranquilla e deixa sitio ao futuro: agora entramos nós.

Tamén temos que entrar na arqueoloxía. Roubárona durante moitos anos, como nos roubaron a festa do pasado domingo. Cutres, coño.

¡Rematou o secuestro! ¿Rematou o secuestro? De nós depende.

¿Seremos capaces de aborda-lo futuro coa xenerosidade e o entusiasmo que cómpre invertir? De nós depende.

Urxe o cambio. Urxe o cambio nas formas de facer e o cambio nas formas de estar. Urxe devolve-la arqueoloxía ao seu dono, urxe devolve-la dignidade á historia, urxe recupera-los valores deturpados. Urxe reivindicar que somos arqueólogos, non falseadores da historia a beneficio das multinacionais e dos intereses espurios. Urxe impor a libertade perdida para busca-la certeza dos feitos, urxe dicir que xa está ben de mentiras paisaxísticas, de construccións teóricas idealistas creadas para enmascara-la verdade e sustituila por mentiras interesadas. Urxe facer saber que somos moitos, iguais, independentes e honrados, non the one and only Alí-Babá e os trintaenove ladróns e un testaferro. Urxe crear ágoras de encontro e discusión nas que confrontar estratexias de investigación e resultados, nas que descubrir un pasado certo que devolver aos cidadáns. Con libertade. Con claridade. Con luz e taquígrafos. Urxe que agora entremos nós.

Urxe saber qué facer. A miña proposta, un programa de mínimos; tan mínimos que da vergoña escribilo: cumpli-la lei. Sair do estado de ilegalidade permanente na que a arqueoloxía leva vivindo en Galicia dende hai bastante máis dunha década. Obedecer a orde dun lexislativo que xa non esiste, unha orde que foi desobedecida sistemáticamente por un executivo a cabalo entre o descaro e a incapacidade.

Urxe, en primeiro lugar, dar voz aos colectivos: crear a Comisión Técnica de Arqueoloxía, establecida, mesmo capada, en 1995. Urxe acabar co goberno feudal das persoas e as familias para dar entrada ás institucións. Da vergoña dicilo: hai que facer que tamén a Arqueoloxía entre no Estado de Dereito.

A partires de ahí, o que sexa. Sempre, entendo, coa xente, os cidadáns, a res publica no horizonte. Esquecéndonos dos anos perdidos, das forzas perdidas, da ilusión perdida. Recuperando a inocencia. Como si fóramos novos cantando a Geraldo Vandre:

Os amores na mente, as flores no chão
a certeza na frente, a história na mão

¿Cómpre avivar as brasas da APAG? Pode ser: vós diredes. ¿Cómpre crear outra plataforma na que teña entrada unha poboación cada vez máis culta, cada vez máis consciente, cada vez máis disposta a gozar da sua historia e o seu patrimonio? Pode ser.

En calquera caso, urxe. Xa. Fóra os demos que creceron nesta máis dunha década de silencio obrigado e máis ou menos consentido. Fóra os resquemores entre activos e pasivos. Fóra o lixo e as telarañas que se criaron nos currunchos da alma. ¡Abride as fiestras ao sol de xuño! ¡Imos aló, compañeiros! ¡Urxe! ¡A traballar!

Vem, vamos embora, que esperar não é saber
quem sabe faz a hora, não espera acontecer

¡Agora entramos nós! ¡Alba de gloria!


2005-06-28 01:52 | 20 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/31190

Comentarios

1
De: Akin Fecha: 2005-06-28 02:02

Amén señor San Antón, non se me ocurre máis que dicir.



2
De: Mifune Fecha: 2005-06-28 02:05

Como le he dicho a Martin Pawley por otros medios.. esta noche todos somos, una vez más, un poco gallegos.
Por eso estmoa poniéndonos un chupito de lo que sea. ;)



3
De: San Antón do Castelo Fecha: 2005-06-28 02:17

¿Alguén sabe se hai movida festeira nalgún sitio da Cruña? ;-)



4
De: San Antón do Castelo Fecha: 2005-06-28 02:29

Felicidades a vós tamén, Akin e Mifune. E vostede, Mifune, benvido ao clan ;-)



5
De: webensis Fecha: 2005-06-28 02:50

¡Por fin!
Enhorabuena a todos :o)



6
De: Chewie Fecha: 2005-06-28 09:21

Felicitacións! Xa era hora.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-28 11:31

Eu onte tiña mais ánimo de telexornais que de festas -quería ver a Fraga dicindo que aínda non sabía os resultados "nin quería sabelos"-, pero sospeito que nos próximos días vai haber que abrir moitas botellas.



8
De: Julius Fecha: 2005-06-28 14:06

Pues felicidades, sobre todo por lo que respecta a la arqueología, campo en el que el cambio tiene que ser forzosamente para mejor por mal que lo hagan los nuevos. A ver si vuelven las excavaciones sistemáticas respaldadas por la Xunta y con las correspondientes monografías (aquellas tan estupendas que se dejaron de editar en... en... ¿1986?) y se quedan en el olvido escenas 'pintorescas' como la de los dos incautos enviados por el capitoste arqueológico xuntero siendo prácticamente abucheados por una sala repleta de arqueólogos durante un congreso sobre arte rupestre.



9
De: Galego na lúa Fecha: 2005-06-28 21:24

O de vostedes é demasiada confianza pra tan pouca chicha



10
De: Anónimo Fecha: 2005-06-28 22:06

O de vostedes, pola contra, é face-las maletas e liscar dos despachos de San Caetano. ¡Ciao, beibi, ciao!



11
De: Galego na lúa Fecha: 2005-06-29 09:10

Vostedes? Eu son eu, non entro en ningún grupúsculo. Sabe? De ter un despacho en San Caetano, nin sequera molestaríame en escribir estas notas. Dende logo non sería a miña principal preocupación ter o sillón, que parece que é o que máis importa en certos sectores..., non si? Mentras non sirva só pra roubar, todo iría ben.
Qué noxo de rencores. Xa se ve que o problema dalgúns non era outro que o de non ter o seu propio despacho. Malos comezos aoman xa.



12
De: Anónimo Fecha: 2005-06-29 10:35

Sr. Galego na lúa:

O de "vostedes" foi vostede quen o utilizou. Non é moi coherente que veña queixándose de que lle dean o mesmo trato que vostede lles da aos outros.

E, por se non o sabía, o obxecto das pasadas eleccións foi, exactamente, os despachos de San Caetano. O resultado das eleccións é que os que os ocupaban teñen que liscar para que os ocupen outros con todo o que iso sinifica. Nin máis, nin menos. Agora entramos nós.

O dos grupúsculos, a ansia de sillón, as preocupacións de certos sectores, os roubos, os rencores e os comentarios de mala hostia, púxoo vostede.

É unha mercancía que pode levar de volta. Non interesa, gracias.

Probe a metela na camioneta que sale en breve de San Caetano. Cecais consiga transporte gratuito.



13
De: David Fecha: 2005-06-29 13:42

Eu felicítome como o que máis do resultado electoral, personal e ideolóxicamente, desde logo, pero tamén porque agora quedará claro que a arqueoloxía que se fixo en Galicia todos estes anos foi relativamente ben, tendo en conta o contexto liberal no que estamos; cando menos, non boto a culpa ás persoas, senón aos procesos socioeconóminos.

Teño moitas ganas de que certos sectores pouco coñecedores da realidad social e política me deixen de considerar un protexido de Fraga, e tamén teño ganas de ver qué é o que van presentar como proxecto de traballo os que levan tantos anos protestando.

Tampouco penso perder máis o tempo en respostar ás posibles contestacións ao meu comentario. Como vedes, non necesito camuflarme baixo nengún seudónimo, só quería deixar constancia da miña posición.

Por certo, me consta que tanto no PSOE como no BNG hai xente suficientemente competente como para evitar que a arqueoloxía volva a unha época felizmente superada, polo ben da inmensa maioría dos arqueólogos, que non están nin na Academia nin na Xunta.



14
De: Akin Fecha: 2005-06-29 13:47

O certo é que non es o único representante da cultura que teme que os que colaboraron coa Xunta entren en listas negras.

Hai moita xente que tivo que colaborar porque era a Xunta, non porque fose o PP.



15
De: Anónimo Fecha: 2005-06-29 17:06

Sr. David:

Eu teño a espranza de que por fin poidamos saber algo da arqueoloxía que se fixo durante a última década e media. Hoxe resulta prácticamente imposible. O de que sexa boa ou mala preocúpame menos: sempre haberá algo de salvable. O que me parece importante é que se saiba o que hai en en qué situación estamos hoxe.

O seu segundo párrafo non o entendo. Non aclara vostede quén pensa que é vostede un protexido de Fraga, nin por qué pensa iso quen o pense, nin nada. Pola miña parte o único que lle podo asegurar é que non coñezo a ningún arqueólogo protexido de Fraga; de feito teño a impresión de que a Fraga a arqueoloxía impórtalle unha figa (salvo, cecais, como instrumento de propaganda e de adoutrinamento ideolóxico, como corresponde a un antigo Ministro de Propaganda; pero tampouco coñezo a arqueólogo ningún que sexa o seu protexido a eses efectos: non o precisa. Abonda con él. E punto.)

Coincido con vostede nas ganas de coñecer os posibles proxectos que poidan presentar os arqueólogos de Galicia, teñan protestado ou non nos últimos anos. E o digo sen retintín ningún. O certo é que agora non hai cauces para presentar proxectos, nin organismos evaluadores deses proxectos, a pesares de que, como a Comisión Técnica de Arqueoloxía, é preceptiva por lei dende hai uns quince anos. Ogallá haxa ocasión de coñecelos: iso sinificará que de novo hai convocatorias abertas, posibilidade de presentación de proxectos por quen desexe presentalos, concurrencia en pé de igualdade, e claridade nos xurados ou organismos avaliadores.
Eu estou certo de que hai xente con mollera, con ideas e con capacidade de levalas adiante. Abrir camiños para que esas ideas se desenvolvan non poderá ser máis que positivo. Hai moito quen non existen.

Dame un pouco de pena que considere vostede unha perda de tempo contestar ás respostas ao seu comentario. A mín, sobre todo despois de tanto silencio colectivo, paréceme o contrario.

En canto ao de non camuflarse con pseudónimo... pois vale, pero non pense que ese "David" resulta particularmente sinificativo. A mín, en concreto, podo xurarlle que non me di nada. Nin falla que fai, por outra parte: parécenme máis interesantes as ideas que quén as di.

En canto ao último, a min danme igual os arqueólogos que teña o PSOE ou o Bloque. Quero pensar que o que importa é que a cousa pública, a niveis técnicos, vai ser posta en mans de arqueólogos bos, honrados e cunha clara vocación de servicio público. Quero pensar tamén que hai xente así no PP. Encantaríame que tivesen responsabilidade na administración e na dirección técnica de traballos arqueolóxicos.





16
De: Anónimo Fecha: 2005-06-29 17:12

Sr. Akin:

¿Listas negras ou perda de privilexios? Meu desexo: listas, ningunha, nin negras nin blancas. Perda de privilexios, toda: nin un só privilexio debe quedar vivo.

Pero como ben é sabido, hai quen pensa que gozar de privilexios é a súa forma natural de estar no mundo. Sen dúbida haberá quen pense que o descenso á categoría de mortal é debido á formar parte dunha lista negra.

Témome que nada se pode facer para evitar iso. Xa ve vostede o espectáculo que están a dar no mundo político...



17
De: Akin Fecha: 2005-06-29 17:23

Non Anónimo, e se algunha destas noites nos atopanos, explícolle a conto de qué viña ese comentario.

Por suposto, listas ningunha e perda de privilexios todas. Por algo estoy aínda a celebrar que se fose este goberno a tomar por ahí.

O que agardo, e por un motivo concreto de interese allea (pero o bastante preto para sentir ese interese como propio) e que os que entren non fagan a mesma merda que os que se van.



18
De: Anónimo Fecha: 2005-06-29 17:32

Está claro, Sr. Akin. Esperemos que os que entran saiban reprimir os desexos de vendetta se é que os hai, tirar as frustracións e os malos tragos antes de entrar nos despachos, e, casi desnudos como os fillos da mar, abrir as fiestras para que entre o aire e o sol. E o aire e o sol son de todos; o único cambio que agardo e que agora tamén sexan nosos, sen que deixen de selo para ninguén.

Como ben dixeron Mr. Pawley e D. José Luis Barreiro, nós xa fixemos ben o que nos tocou facer. Agora é o turno de que o fagan ben eles. Esperemos que así sexa :-)



19
De: Emigrante A27/6 Defenestrado D/28/6 Alabado Fecha: 2005-06-30 21:03

Aqui en Argentina lo echaron con el voto a "Menem".
Vino un hombre muy simpatico de origen gallego "De la Rua".

Asi quedamos despues...
Esperamos que no se repita por esas huestes...



20
De: Anónimo Fecha: 2005-09-30 09:05

¿y qué tiene eso de extraño?



portada | subir