ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Junio 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias >


2005-07-23 11:58 | 10 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/31845

Comentarios

1
De: Ramón Fábregas Fecha: 2005-07-23 19:07

¡ Qué pouco gustan as persoas independentes neste país!
Falta moita sociedade civil e non só na Arqueoloxía...



2
De: Jorge Guitián Fecha: 2005-07-24 21:17

Por favor, engade tamén a miña sinatura a ese apoio.



3
De: Anónimo Fecha: 2005-07-24 22:16

Feito, don Jorge. Creo que temos algo pendente, pero perdín o teu e-mail. ¿Podesmo enviar?



4
De: Sanantón do Castelo Fecha: 2005-07-24 22:17

O anterior Anónimo son eu. A forza da costumbre... ;-)



5
De: Fermín Pérez Losada Fecha: 2005-07-27 13:09

SOBRE EL CESE DE RAFAEL OJEA

Con grande pesar e moita preocupación o pasado sábado coñecín a mala nova da fulminante destitución de Rafael Ojea como Xefe do Servicio de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo.
As razóns deste cese, segundo os responsables políticos municipais, obedecen simplemente a “unha reestructuración do organigrama municipal” cando, no fondo, resulta evidente a relación directa do cese (os propios políticos o recoñecen veladamente) co informe desfavorable emitido polo funcionario municipal con respecto ó PGOM dos paseos marítimos de Alcabre e Teis. Todo semella indicar que se trata dunha represalia depurativa á procura de “funcionarios a la carta”, mais dóciles e proclives á actual política municipal.
Rafael Ojea, en realidade, non fixo nada mais que cumprir escrupulosamente co seu traballo, mantendo a necesaria independencia de criterio e actuando desde a mais estricta legalidade. Advertía simplemente da presencia dun rico patrimonio arqueolóxico, de sobra coñecido por tódolos arqueólogos e historiadores vigueses, que vai ser afectado por obras tales como o paseo marítimo de Alcabre-Samil e que, por normativa legal, debe ser protexido, investigado e, se fose posible, conservado para disfrute público da sociedade viguesa. O desenvolvemento urbanístico é necesario e conveniente, pero non a costa da destrucción irremediable do patrimonio cultural; ambos son perfectamente conciliables se as cousas se programan con tempo e se fan da forma correcta, e esto é simplemente o que se pode concluír do problemático informe elaborado por Rafael Ojea, por certo plenamente coincidente con outros informes técnicos similares emitidos pola Administración Autonómica.
Coincido totalmente coas declaracións realizadas por Xulio Carballo, arqueólogo provincial da Consellería de Cultura, relativas á exemplaridade, honestidade e magnífico labor desempeñado por Rafael Ojea na protección, xestión e revalorización do patrimonio cultural en xeral e do patrimonio arqueolóxico en particular. A este respecto, quero engadir que Rafael Ojea foi o auténtico promotor do “Proxecto Toralla” –investigación e musealización da villa romana escavada na finca Mirambell–, un ilusionante proxecto iniciado en 2002 e que, gracias precisamente á tenacidade e boa xestión levada a cabo por Rafael Ojea, puido levarse a cabo superando os altibaixos que supuxeron os continuos cambios no goberno municipal (nada menos de catro concelleiros distintos desde 2002 ata hoxe). Quero pensar que a vontade política municipal permanece e que as obras de musealización do xacemento, previstas e comprometidas para este 2005, serán unha realidade. Alomenos así Rafa Ojea vería compensada unha parte do seu esforzo e bó facer durante moitos anos, algo que as autoridades municipais non só non recoñecen senón que llo pagan cunha inxustificada destitución.
Como profesor de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, e pola estreita relación que une á institución universitaria co concello olívico (manifestada, entre outros, no “Proxecto Toralla” conveniado entre ambos), lamento profundamente o cese de Rafael Ojea e apelo á reconsideración desta inadecuada decisión.

Fermín Pérez Losada
Prof. Titular de Arqueoloxía
Director do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV)
Director do “Proxecto Toralla”



6
De: Anónimo Fecha: 2005-07-28 23:53

O anterior Anónimo son eu. A forza da costumbre... ;-)
jajajaja



7
De: Sanantón do Castelo Fecha: 2005-07-29 00:20

Magnífico texto, Fermín. Moitas gracias.



8
De: Fermín Pérez Losada Fecha: 2005-07-29 23:56

O texto do comentario nº 5 saiu publicado integramente como nova na edición de Vigo de La Voz de Galicia do día 28 de xullo.
Enlace completo á edición dixital en
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=3933286&txtDia=28&txtMes=7&txtAnho=2005



9
De: Fernando Carrera Fecha: 2005-08-08 13:44

Recién llegado me encuentro con este sorprendente cese, que parece una historia de otros tiempos de mayor oscuridad y con tintes dictatoriales.
Rafa Ojea ha sido siempre un sincero y desinteresado defensor del patrimonio cultural, un soplo de aire fresco en las habitualmente vetustas habitaciones administrativas.
Mi más sincero apoyo a su persona y mi radical desacuerdo con el cese de una persona tan valiosa.

Fernando Carrera
Escola Superior de Conservación de Bens Culturais de Galicia



10
De: Emma y Aca... Fecha: 2005-10-25 19:33

Rafa, tal vez no te acuerdes de mí, soy compañera d etu hermana en el Xeral.
Los chanchullos de los "destructores"me los conozco bien. Vivo por la zona de Mantelas, y he tenido que alegar (bueno, lo hizo un primo arquitécto).
Me alegro infinito de que no te alimente la misma gasolína que ciertos personajes (recomiendo una visita obligada de Corina Porro a San Francisco, y sin trajeta de crédito, de las orejas a ver como se respeta y recontruye una ciudad con Bahía).
Nadie nos creemos sus chanchullos, excepto los que le interesa por cuestión monetario_constructora.
Animo y sigue amando así a tu ciudad, espero que sigan cubriéndose así de "gloria".
"NON OLET", decía Ferlosio con respecto a dinero, pero en ciertos políticos vigueses sí huele, mal, muy mal.
hace falta lavado de conciencias. mejor tenerla tranquila.
Un fuerte abrazo
Emma Glez
Enfermera Hospital xeral.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.148.176 (f70556e5eb)
Comentario

portada | subir