ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Para que non digan que non falei da Torre

Para que non digan que non falei da Torre

2007-10-13 19:42:23+02

En construcción e en probas.
Se queren oir o texto, pinchen na flecha verde, e se queren seguir vendo imáxenes cando remate o rollo, poden avanzar coas flechas negras. Aínda non está completo, nen moito menos. Pero quixen deixar isto aquí, mesmo en obras, a modo de homenaxe a esa Torre que levamos na alma e que estes días arranca no seu camiño cara ó recoñecemento polo mundo mundial. Admítense, por suposto, críticas e suxerencias. Os aplausos non son necesarios: coa selección da Torre como candidata teño a moral alta.



2007-10-13 19:42 | 7 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/52774

Comentarios

1
De: giannini Fecha: 2007-10-14 03:22

Señor San Antón, non creo que ninguén dixera que vostede non falou da Torre, digo eu.

E como pide suxestións entro para facer un comentario. Hai un escudo do século XVII que desde Murguía, vense adscribindo á Porta da Torre de Arriba. Creo que Murguía fai esta adscrición sen seguridade. Do patriarca pasou a Vaamonde Lores ("Un notable escudo de La Coruña"), e continuou o efecto bola de neve.

Teño unha colección de debuxos do século XIX, en fotocopia -que están á súa disposición- nos que un membro da familia de la Iglesia identifica ese escudo. Ensineille esas fotocopias un día a María Rosa Saurín de la Iglesia, e non lembro se me dixo que eran de man de Antonio ou Francisco María de la Iglesia. O certo é que un destes autores debuxa e identifica ese escudo como procedente do Hospital del Buen Suceso, e é curioso que o debuxa acompañado de outros dous, que para maior curiosidade atópanse na mesma casamata de ese castelo.

Isabel Martínez-Barbeito publicou pouco antes de falecer unha compilación dos artigos que publicara nos anos 60 en La Voz de Galicia. Falando do Hospital del Buen Suceso tamén chamado De la Quinta Angustia, e que como vostede coñece atopábase no solar ocupado hoxe polo Hospital Abente Lago, di Isabel Martínez-Barbeito:

"Suponemos que dado el ritmo que llevaba la obra, el Hospital del Buen Suceso se habrá rematado dentro del siguiente año de 1596, mas la carencia de documentación no nos ha permitido comprobarlo.

Encontramos nuevas referencias por el año 1602 relativas a esta fundación, y de ello nos ocuparemos el próximo día, pero dentro de 1595 hallamos esta curiosa noticia: que "se traslade en este libro la declaracion que se hizo por testimonio de la odvocacion que a de tener el dicho hospital y las letras que a tener los escudos de Armas de su magestad y de la Ciudad y del dicho Ares Gonzales fundador". ¿Qué pudo haber sido de tales piedras de armas?".

Martínez-Barbeito, Isabel: "El cerco de 1589, institución del Voto y dote para doncellas". En: La Voz de Galicia, 6-IV-1966.

Pregunta esta autora ¿onde estarán os escudos? Eu penso que son os debuxados no século XIX por un dos irmáns de la Iglesia na mesma lámina, e que hoxe atópanse na mesma casamata dese castelo: o de Ares González, fundador do hospital, o da "Súa Maxestade", e claro, o da cidade que nos ocupa.



2
De: Elpater Fecha: 2007-10-14 12:41

Don Giannini, o título non é máis que unha homenaxe a Geraldo Vandré, que ten unha peza co nome "Pra nao dizer que nao falei das flores" ou algo parecido. "Os amores na frente / as flores no chao / a certeza na mente / a historia na mao / caminhando e cantando / e seguindo as cançoes / aprendendo, ensinando / as novas leçoes".

Como era de esperar segue facendo vostede honor máis que cumprido ó alcume que escolleu. Larga y próspera vida, don Giannini.

Interesante e preciso o que conta. Non sei de qué maneira (aínda), pero penso que está sendo xa o momento de facer esa actualización de coñecementos sobre a Torre tan necesaria. Penso que é un asunto de conciencia aportar todo esto ó Ministerio de Cultura para que o introduzan no dossier da UNESCO.

Como sempre, perdín o seu teléfono, non sei ónde puxen o seu e-mail, e tampouco dou coa miña cabeza. ¿Impórtalle darme un toque telefónico ou emaileiro? Hai moito do que falar, entre outras cousas do resultado do seu verán, que descoñezo (quedei en que levaba a pulposision, pero xa non souben máis). Pregúntolle sempre ó noso itinerante amigo, pero non me sabe dar razón.

E sí, claro que ten pinta de que os escudos en cuestión son os da casamata do castelo.

¿Falamos, con ou sen pulpo?

E unha forte aperta.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2007-10-14 13:26

Unha magnífica presentación, que agardo siga medrando nos vindeiros días.



4
De: Vendell Fecha: 2007-10-14 13:37

E se a escollen patrimonio da humanidade... ¿de quén era ata agora?



5
De: Don J. Fecha: 2007-10-14 20:22

Es una presentación muy bonita, señor Sanantón, pero lo que más me ha sorprendido son sus (hasta ahora para mí) ocultas cualidades de locutor.



6
De: jose manuel hidalgo cuñarro Fecha: 2007-10-19 19:29

En primer lugar, quiero felicitar a la ciudad de A Coruña por esta distinción que reconoce, aunque tarde, que gracias a la culta mentalidad de sus habitantes este extraordinario monumnto ha llegado hasta nosotros y no como muchos, que han sido borrado de nuestra vista, por la destrucción de un mal entendido progreso ciudadano.
En sugiendo lugar, felicitar al autor y extraordinario locutor del comentario, pues aparte de bien documentado, transmite la emoción lógica que se tiene al hablar de este monumento tan presente en la vida que cualquier coruñés que se precie y sobretodo de uno que ha excavado sus orígenes.



7
De: Brigantinus Fecha: 2007-10-24 18:48

Encantado de volver a encontrarnos, aunque sea lejos de nuestros "pastos" habituales.



portada | subir