ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Darwin no Castelo: creatas, ite domum

Darwin no Castelo: creatas, ite domum

2008-01-30 23:48:13+01

No partido da historia, o Castelo de San Antón sempre xogou na defensa. Na súa cativa illa, no medio do mar pequeno da badía da Cruña, dende o seu nacemento tivo a misión de defender a cidade, cos seus canóns e os seus artilleiros, dos ataques por mar.

En solitario, o castelo de pouco vale. Boa proba foi o asalto de Drake, quen evitou os disparos dos cañóns bordeando a ría pola outra banda, fora do alcance da artilleria, ata chegar salvo ó areal de Oza.

Pero máis tarde, cando se edificou o castelo de Santa Cruz e ambolosdous cruzaron os seus tiros combinados, a badía fíxose inexpugnable.

Hoxe, malia a que os vellos canóns de San Antón só disparen pensamentos e lembranzas doutros tempos, o castelo, convertido en museo, sigue na guerra. Nunha guerra de pensamento, de lembranzas e, neste caso, doutros tempos.

Porque propios doutros tempos son as sinrazóns e falsos argumentos do furibundo e organizado ataque dos rancios fundamentalismos á teoría da evolución, ó arbre crecido da semente que plantou Darwin hai cáseque douscentos anos. Tan vella é esta guerra.

E nela estamos, como sempre estivo o castelo, non á defensiva, pero sí na defensa. Hoxe toca defender a Darwin nesta guerra de tempos caducos, e defendémolo cruzando tiros con outros colegas, disparando entre todos, desde os vellos canóns, lembranzas, pensamentos e razóns.

Será o venres día 8, ás sete e media do serán. No Castelo de San Antón, atendendo á chamada do Darwin's Day. Adiantamos un chisco a celebración: pensamos que o venres 8 é millor momento para case todos que o martes 12 de febreiro, data na que se cumplen 199 anos do nacemento de Darwin e 149 da publicación de A Orixe das Especies.

Celebrámolo cunha tertulia aberta, sen grandes formalismos, na que todos, os invitados específicos e os invitados xenéricos, que son todos vostedes, falemos aberta, confiada e amistosamente de Darwin, das dificultades da entrada das súas ideas en Galicia, do desenvolvemento do coñecemento sobre a evolución dende entón ata a actual teoría sintética.

Tamén das pegadas dos antigos seres vivos, pequenos coma as diatomeas ou grandes coma os osos das cavernas, que houbo hai milleiros ou millóns de anos en Galicia; e da aparición dos homínidos, e das transformacións destes ata chegar a nós mesmos.

Falaremos da importancia que todo iso tivo e ten para a comprensión lúcida da humanidade no universo; pero tamén dos que se opoñen a esa visión dende a irracionalidade, do Intelixente Engano que nos venden como Deseño Intelixente, do movemento de fundamentalistas organizados que responde ó nome de creacionismo. E da necesidade urxente de difundir a teoría da evolución entre a poboación.

Nesa tertulia, á que invitamos ó lector, contaremos coa presenza de expertos relevantes nas materias sobre as que imos falar. Salvo imprevistos, estarán connosco, por orde alfabética de apelidos:

- Roberto Bao, Profesor Titular de Paleobioloxía da Universidade da Coruña

- Ernesto Carmena, biólogo, autor de "El creacionismo ¡vaya timo!", publicado por Ed. Laetoli

- Xosé A. Fraga, doctor en Bioloxía e historiador da ciencia, especialista na recepción do darwinismo en Galicia no século XIX

- Aurora Grandal, Profesora Titular de Historia da Terra e Paleontoloxía da Universidade da Coruña e Secretaria do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal

- Equipo de Do the evolution, programa universitario de radio pioneiro na divulgación da evolución e a bioloxía en xeral

E vostedes, claro, que son os importantes e os que darán sentido a este acto de defensa e, sobre todo, de afirmación.

No Castelo de San Antón, o venres oito de febreiro, ás sete e media do serán. Vémonos alí.


2008-01-30 23:48 | 15 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/55221

Comentarios

1
De: rvr Fecha: 2008-01-31 00:54

Qué buena pinta. ¿Los de Do the evolution grabaran la tertulia para emitirla en la radio? A ver si al menos se puede escuchar en MP3 para los que no estaremos por allí.



2
De: Elpater Fecha: 2008-01-31 01:06

No lo sé, rvr. Todavía quedan muchas cosas que perfilar. Lo malo es que andan todos en plena época de exámenes, no sé si habrá lugar. Se lo diré :-)



3
De: Teresa Fecha: 2008-01-31 11:41

¡Yo quiero estar! Por favor, que las graben y las pongan en la red. No sé cómo se pide esto en latín... :-(



4
De: Gorka Fecha: 2008-01-31 13:05

Yo quiero felicitar a Elpater por la inclusión de la magnífica imagen de Sanantón do Castelo en la página. Con santos así podría llegar a plantearme la existencia de Dios (Doctor: ¿me estaré volviendo creacionista?).



5
De: Don J. Fecha: 2008-01-31 13:18

Oiga, que le ha quedado un texto de un épico subido, ¡ni Dumas redacta una convocatoria así! Pues nada, que ustedes lo disfruten, que, como dice RVR, tiene muy buena pinta.



6
De: Elpater Fecha: 2008-02-01 21:50

Moitas gracias ó clube de fans ;-)
Don J., pois xa sabe, veña por aquí, que supoño quen non anda vostede demasiado lonxe.



7
De: lapatianco Fecha: 2008-02-04 21:27

Boas tardes Pater. Menos mal que teño o bon costume de pasar unha ou duas veces ó mes por esta páxina, que se non case non me entero. Alí estaremos, "Deus mediante". E aproveitando a ocasión ¿estaría ben facer ese día un pouco de propaganda a favor da apostasía?. Un xa empezou o proceso e non lle é nada facil. Saudos de Panchiño.



8
De: Anónimo Fecha: 2008-02-05 12:25

Pois non sei se ten relación directa, Lapatianco, pero non vexo por qué non vai poder sacar o tema na tertulia. Digo eu que, se non é de interese, pasarase a falar doutra cousa e listo :-)



9
De: Elpater Fecha: 2008-02-05 12:26

O anónimo anterior son eu. Outros tamén, pero non sempre.

Don J, andaba eu ben errado. Gracias ó Webensis fun quén de ubicalo a vostede, e de certo que anda ben lonxe. Pero esa lonxanía non é obstáculo para a forte aperta que lle envío con todo agarimo :-)



10
De: Brigantinus Fecha: 2008-02-06 15:52

El viernes me planto allí.
Espero poder coincidir con algún miembro de la "secta". ;-)



11
De: lapatianco Fecha: 2008-02-07 12:53

Non, se ó final non imos caber na saliña do museo. Xa animei a un par de persoas interesadas. Pater, vaia buscando mantas por se vai frio e facemos o parladoiro na terraza.
Vémonos.



12
De: Elpater Fecha: 2008-02-07 20:59

Lapatianco, pensará que é coña, pero acabo de chegar a casa e truxen conmigo, para levalas mañá ó museo, as cámaras de vídeo e o cable que tivéramos que usar cando o de Arsuaga. Non teño claro que non teñamos que montar de novo o do circuito cerrado... esperemos que o personal sexa sensato en non sobrepase a capacidade da minisala. Aínda que se non é así... non deixará de ser esperanzador que Darwin teña tanta capacidade de convocatoria!



13
De: Elpater Fecha: 2008-02-07 20:59

Don Brigantinus, polo menos coincidirá conmigo :-)



14
De: Luis Javier Capote Pérez Fecha: 2008-02-09 02:32

Querido Pater: No sé si tendrá tiempo, pero si pudiere, me mandere usted esta entrada en castiliano, para el EED dedicado a Darwin. Lo voy a mandar la madrugada del sábado al domingo, para que dé tiempo a que la gente pueda ir a los saraos darwinianos. A una hora mala, lo publicaremos en galego. :)

P. D. A ver cuando me enseña usted más cositas del idioma, que no hago más que avergonzar a las damas con lo de a máquina de cortar xamón e o bidé :)



15
De: levitra cialis Fecha: 2011-10-05 17:12

Muy buena historia .
Lamentablemente no entendí o no capte la idea de si estabas a favor o en contra de el señor Darwin !



portada | subir