![]() |
Quotidianum Las cosas del día a día, desde la trastienda arqueológica |
![]() |
![]() |
|
Las cosas del día a día. Pequeñas noticias, contactos, visitas... aquello que, sin requerir de grandes titulares, nos renueva la esperanza y las ganas de seguir. Y también, por qué no, las amarguras, las zancadillas, lo que se espera y no llega. La trastienda, como quien dice. Porque los Museos son de todos, y la Arqueología también.
Sanantón do Castelo |
2008-02-05
Dombate somos nósDombate non é un dolmen. É “o dolmen”. O de Pondal, o de Galicia, o de todos. A súa importancia transcende a xeración de coñecemento, a atracción de visitas de aquí e de acolá, para erguerse en símbolo de comunidade. Tódolos dólmenes foron marcadores de territorios e identificadores de sociedades. Dombate segue a selo.Cando a Vella que Fía na Roca pousou no dolmen a cuberta mítica, non sabía que os herdeiros dos seus donos, miles de anos despois, ían facer oír a súa voz berrando a vontade de que Dombate non morra. É a proba de que o dolmen está vivo e de que para moitos significa máis que catro pedras que só preocupan a uns tolos, como tantas veces escoitamos cando o investigabamos hai xa vinte anos, qué vertixe. Se a Torre de Hércules segue a ser faro despois de dous mil anos, Dombate segue a ser símbolo de unidade, de colectividade, de pobo, despois de case seis mil. Un símbolo así non pode morrer. Se morre, morremos tamén nós. Por razóns non sei se de fígado ou de estómago, hai anos que non vou a Dombate. Non coñezo en detalle, xa que logo, cáles son os danos sufridos neste tempo de abandono. Hai erro en facerme dicir que son irreversibeis: nin o sei nin podo sabelo. É certo que é urxente velos e valoralos. Pero por grandes que sexan, o que quede seguirá a ser merecente de protección e presentación digna. É certo tamén que hai nas administracións, abertas durante a desafortunada xestión da arqueoloxía do goberno autonómico anterior, vellas feridas que están a lastrar desencontros, os máis deles herdados. Pero hoxe os gobernos son outros, e cónstame de certo que as súas vontades están na mellor disposición. Teño confianza. Hai ocasións nas que non valen desculpas. Nin de asuntos particulares, nin de vellas historias, nin de trámites, nin de facturas, nin de artigo sete-punto-un-ce-bis. Quen non dispoña da xenerosidade necesaria, quen non estea disposto a traballar sen límites, quen non advirta a urxencia da situación, que se bote a un lado e deixe paso, que non estorbe, que non enrede: xa non valen desculpas. “Galicia debe tener amor propio y recuperar Dombate”, escribiu Pepe Ameixeiras hai uns días, e as súas verbas estremecéronme o corpo como un veleno provocador. Queda prometido, Ameixeiras: Dombate vaise salvar, ímolo salvar. A Deputación, a Xunta, ti, eu, todos. Vaino salvar Galicia. Volveremos, despois de vinte absurdos anos, a un Dombate recuperado. Ímolo recuperar, entre todos, porque temos amor propio. E porque Dombate é máis que noso: Dombate somos nós. (Publicado na Voz de Galicia o 5 de febreiro de 2008, Martes de Antroido)
12:17 | Sanantón do Castelo | 12 Comentarios
Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/55342
Comentarios
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|