Quotidianum
Las cosas del día a día, desde la trastienda arqueológica
Blogalia



Las cosas del día a día.

Pequeñas noticias, contactos, visitas... aquello que, sin requerir de grandes titulares, nos renueva la esperanza y las ganas de seguir.

Y también, por qué no, las amarguras, las zancadillas, lo que se espera y no llega.

La trastienda, como quien dice.

Porque los Museos son de todos, y la Arqueología también.


Sanantón do Castelo  

2008-02-12

Megalitos ¡Máis madeira!

A noticia é boa. A Xunta de Galicia ven de confirmar que o Parque do Megalitismo da Costa da Morte sae da hibernación. Nado no 2001 co anterior goberno, o 2005 seguía a non ser máis que propaganda a catro tintas. Agora arranca, coa declaración de BIC e o paso dos megalitos á propiedade pública, a rematar ó longo deste ano.

As máis das destruccións recentes veñen da perda do mito colectivo sen que a conciencia histórica enchera o baleiro. Os “fornos dos mouros” pasaron a ser pedras vellas que entorpecían a vida cotiá. Moitas lousas foron convertidas en lareiras ou pontellas, e as mámoas cortadas por pistas ou achanzadas para facer prados ou leiras. Coñecemento, protección legal e titularidade pública garanten o fin das involuntarias agresións.

Hai moitas maneiras boas de protexer e presentar un megalito. Abordar a tarefa en conxunto permite fuxir da uniformidade, adaptar as solucións ó propio de cada monumento -estado de conservación, presencia de grafismo, relación co entorno- e construír no espacio un discurso honesto, diverso e coherente.

Dende algunha óptica local viuse como un perigo a actuación senlleira sobre Dombate. É ó contrario. A intervención singular sobre un elemento sobranceiro pode e debe servir de motor do megalitismo esquecido. Máis que ameaza, Dombate é a locomotora que pode levar o tren do proxecto á estación desexada.

Agora toca abrir as portas pechadas dos vagóns, non pór pedras na vía e traballar conxuntamente para encher ben a caldeira.

Todos ó tren e ¡máis madeira!

02:11 | Sanantón do Castelo | 0 Comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/55522

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario





		
 
<Julio 2008
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

© 2002 elpater