ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¡Meu deus! ¡Está cheo de cracks!

¡Meu deus! ¡Está cheo de cracks!

2011-06-08 23:48:43+02

E para mostra, véxase modelo adxunto:



Pois sí, decididamente esta Ángeles Afuera é un crack (ou, se así o prefire, unha crack, non vaia ser que me acuse de humillación machista, e outro día falaremos diso)

Mola dialogar con cracks. Sempre acaba un adeprendendo algo novo, mesmo se hai cousas que sería mellor non saber. Están no mundo e débense coñecer, aínda que de certo non pague a pena.

Por iso, porque fai falla ser crack (un crack do Reverso Tenebroso de la Fuerza, pero crack a fin de contas) para plantexar preguntas coma as de MAA, a quen se lle supón sobradamente coñecedora das respostas, mesmo das falsas respostas ás falsas preguntas, e ata das verdadeiras respostas ás falsas preguntas, voulle respostar.

Voulle respostar, tamén, porque hoxe cúmprense exactamente dous anos do día en que un certo número de persoas, de dentro e de fóra (¿sóalle?), tentaron de paralizar as actuacións no Castro de Elviña coa "estratexia dos controladores aéreos". Folga dicir que sen conseguilo, como folga tamén constatar que no Concello da Coruña non houbo ningún Blanco.

Imos logo coa primeira pregunta, que por hoxe ben lle chega; as outras xa virán cando lles toque ou lles cadre:

"¿Por qué están paralizados desde 2009 los trabajos del Castro de Elviña, pese a tener financiación del Ministerio de Fomento?"

E a esa pregunta debo respostar con outra: ¿De dónde saca vostede, admirada crack, que os traballos do Castro de Elviña están paralizados? ¿E por qué sitúa esa presunta paralización no ano 2009?

A pesares do que vostede pretende dar a entender, os traballos no Castro de Elviña nunca se paralizaron, cunha sola excepción anual: os catro días de Carnaval que, tanto no 2010 como no 2011, pasei en Barcelona adicado a outros menesteres que nada teñen que ver cunha cousa nin con outra. O resto do tempo, tódolos días, laborais ou feirados, traballouse no Castro de Elviña. Pódollo afirmar porque todos eses días cando menos unha persoa traballou no Castro de Elviña, e seino de primeira man. Certo é tamén que houbo quen non deu pancada, e quen cobrou sen traballar ou traballando mal, mesmo moi mal. Iso pasa ata nas mellores familias, ¿non cre? Pero o que algunha ou algunhas persoas non traballen non empece a que outras o fagan. E, mesmo que vostede non o saiba, outras persoas traballamos antes e seguimos a traballar hoxe no Castro de Elviña arreo, a cotío e a gusto.

Pero non se trata só do traballo persoal. En Elviña, dende antes do 2009, durante todo o 2009 e despois do 2009, non se parou no traballo colectivo. Hoxe mesmo estiven no Castro toda a mañán, e podo dar fe de que alí estaban dándolle duro (¡e de qué forma!) ao mantemento da vexetación, á restauración dos camiños, á reparación dos continuos butróns que os furtivos fan na vala de delimitación. Coa vexetación levamos meses de loita, e podo prometer e prometo que nunca estivo tan ben como hoxe pola mañán: ¡mire qué preciosidade de césped! Xa o quixeran moitos na súa finca. Eu, que nin finca teño, énchome de orgullo ao dirixir as tarefas necesarias para que luza así de fermoso o que é de todos.



Non para vostede, se non para os lectores que están máis interesados na arqueoloxía que nas mezquindades, aproveito a ocasión para poñer esta foto dunha das estructuras que interpreto como fornos dun taller de metalurxia. Ben certo é que non está limpo: estivo protexido durante o inverno por plásticos de invernadeiro e un tellado de madeira que acabamos de retirar. Quedan, xa que logo, restos do plástico e virutas do aserrado das madeiras, así como as herbas adventicias que medraron durante o inverno malia a protección. Non pase pena: a unhas e a outras quédanlles uns días como moito pois, como lle digo, en Elviña non se para nin nunca se parou de traballar.



¿Máis? De acordo, máis: tamén esta mañán estaban alí a traballar Willy e Arantxa, dous estupendos arquitectos que fixeron durante as últimas semás o escaneado mediante láser 3D de todas as estructuras do Castro. Hoxe foron tomar unhas fotos de detalle aproveitando que non chovía, e alí nos atopamos, co que, como pode figurar, a parolada foi rica e fructífera. Da gusto cando un traballa con xente así, bos profesionais e boas persoas. Mágoa que non sempre ocurra.

¿Non lle chega? OK. Engadirei entón que o principal motivo de que hoxe pola mañán estivese en Elviña non era ningún dos citados, se non a participación nunha reportaxe sobre o Castro que anda a dirixir Xan Neira; recorrímolo enteiro e filmamos (quero dicir que él filmaba; eu falaba e mesmo actuaba) en todos os rincóns do xacemento. Velaí o ten en plena faena, tomando unha panorámica da croa:



Engada a isto o traballo de laboratorio, no que as Axudantes de Arqueoloxía prosiguen coas medicións (de varias ordes) dos anacos cerámicos. ´

De modo que, como pode ver, en Elviña trabállase, trabállase moito e trabállase ben. O único que está un pouco parada é a escavación; a redacción do necesario proxecto encargóuselle á Arqueóloga contratada con cargo ao Convenio con Fomento hai bastantes meses, e aínda non entregou un proxecto decente e merecedor de tal nome. Mágoa, porque o resto vai de maravilla. Agora que o penso, o seu segundo apelido é o mesmo que o de vostede. ¿Non será vostede a súa nai?

Chámame a atención que a estas alturas estea vostede tan mal documentada. Xa debería saber, estou certo de que o sabe, que dispór dunha boa documentación é fundamental para non dicir parvadas.

¿Entón?


2011-06-08 23:48 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69861

Comentarios

portada | subir