ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Dous anos: Elviña, 10 de xuño de 2009

Dous anos: Elviña, 10 de xuño de 2009

2011-06-10 23:19:41+02

Seguimos coa serie do acontecido no Castro de Elviña no mes de xuño de 2009, visto dende a parte contratante da primeira parte, é dicir, dende a lexitimidade:

-----------------------------------
"Na casa contesto correos, preparo o día. Chégame o artigo de Le Roux en pdf, por xentileza de Alicia M. Canto, profesora da Autónoma de Madrid. Conseguiuno da Complutense a través de préstamo interbibliotecario. É unha maravilla que existan profesionais así, dispostos a se sacrificar para axudar a outro investigador. Alicia Canto nese sentido é prodixiosa.

Preparo despois os informes que me pediron Laura e Mercedes, as restauradoras. Teño que facelo así porque en Elviña non hai impresora. Non importa chegar tarde hoxe porque non hai obreiros, e as restauradoras fan o seu traballo sen problemas.

Ás 10,30 comezo a traballar en Elviña. Sigo onde onte, revisando UEs e facendo debuxos, buscando o que máis se necesita para seguir a escavación.

Antes preparo fotos de onte, ás que engado números de UE: 14020, 14107, 14146 CAD... non sigo a relación porque son moitas. Quedan arquivadas na carpeta "fotosue", as máis delas con números incorporados.

Dou número 14197 ás pedras careadas paralelas á muralla en CLD.

[Sigue unha folla cunha "Lista de traballos a facer en unidades"]

Reviso a folla de tarefas que deixaron o luns antes de marchar. Nin a vira. Non sei se era para min ou interna delas. En todo caso pasou desapercibida: non estaba acompañada por nota ningunha.

Tanto ten: é unha colección de erros. A retirada da 192 e 193 non ten ningunha presa, e non axudan a desbloquear a escavación. Seguen a non entender que hai que conxugar moitas necesidades e procesos diferentes de xeito que ningunha bloquee ás demáis. Non se deben escavar agora esas UEs, que non liberan tajo. É mellor deixalas como reserva. Como se chove.

Pero o grave é que se planificaba escavar a 183 e 185, que carecen de foto. Era obligatorio facela antes da toma de cotas, pero que se queres arroz. Así non hai forma de levar sensatamente a escavación: pasan olímpicamente dos protocolos e das miñas instruccións concretas.

Non deixan outra opción que ratificarme na miña última decisión: queda prohibido tomar calquera iniciativa que sinifique modificación do chan sen a miña autorización expresa. Vai haber que impoñer os escritos firmados. É mágoa e é coñazo, pero o principal, case o único, é a escavación.

É, ademáis, unha barbaridade retirar 14183 e 14185 sen estudar previa e minuciosamente a relación entre estas UEs e as da cata ACA (Ampliación da Cata A). Son as únicas que poden xuntar dúas series disxuntas. Xa fixen fincapé nesa necesidade, da importancia fundamental, pero seguen a pasar.

Non podo deixarlles responsabilidade, pero fan caso omiso das indicacións.

O único que estaba ben era a retirada das pedras 14180, na CED que levaba María. Esto daría traballo para un peón, posiblemente Jesús, durante un rato. ¿E os outros? Non pensaron traballo para eles, o que leva á improvisación (fatal) ou ao derroche de tempo e cartos.

Por suposto, o que non fixeron foi o estudo e proposta para a Cata Longa Plataforma, que foi a tarefa que lles encomendei expresamente. Fareino eu esta noite.

En fin, esa foi toda a documentación que deixaron antes de abandonar a escavación o luns, dando orde aos obreiros da empresa adxudicataria de marchar (sen ter a menor potestade nin competencia para facer iso, que corresponde exclusivamente á Dirección Facultativa e nunca a Axudantes de Arqueoloxía), todo elo sen avisar ao Director Facultativo.

Grápase a folla no Diario.

Solicito ás restauradoras o Reg. 1532 da UE 14148, que pola foto parece un trozo grande de Verniz Vermello Pompeiano (VVP), o que daría, mesmo que difusa, unha indicación cronolóxica.

Efectivamente é un fragmento de fondo de plato VVP de imitación. Non moi grande, de 18 cm de diámetro do fondo, que pode ir ata 22-24 cm de diámetro na boca do bordo, non demasiado espeso (8,5 mm), e cun verniz que é casi unha aguada, moi lixeira, adherente, perdida nalgúns puntos máis por desgaste que por caída.

Desde logo apunta ao Baixo Imperio. Non sería raro no IV, ainda que un III pode ser máis prudente. En todo caso non parece altoimperial.

Fala Carrillo no programa de Gemma Nierga. Como sempre, un fenómeno.

Dou número 14198 ao cascote do final W do "pasillo" da CLP (Cata Longa Plataforma). Fago as fichas e o croquis correspondente, e pásoo á Matrix.

Paso fotos de hoxe, todo cheo de auga, pero son boas para coñecer as condicións reais de traballo.

Analízase a unión entre a CAP e a ACA. Ponse provisoriamente 14185>(cubre a)14134. Hai que telo en conta ao escavar para confirmar ou correxir.

Remato ás 20:00. Na casa traballo coas fotos de materiais de hoxe, feitas polas restauradoras que continúan o seu traballo sen problemas.

No Reg. 1746 hai unha peza que parece sigillata, pero aínda non foi siglada. Comprobar.

Un novo vidro verde no Reg. 1752.

Un borde de aspecto antigo, a man, no 1764.

Varios fondos a revisar, un deles (1736-1) de posible vaso sinuoso monoansado ocre.
-------------------------------


2011-06-10 23:19 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69877

Comentarios

portada | subir