ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Agosto 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > O Castro e a Torre na TV de Tokio (e un chisco de 15-M)

O Castro e a Torre na TV de Tokio (e un chisco de 15-M)

2011-06-21 10:28:49+02

Por relaxar un pouco de tanta indignación, falemos de algo máis lixeiro. Pero non sen antes sinalar que onte escoitei, mentres traballaba, a tertulia nocturna da SER. Quedei un tanto abraiado ao constatar que non se enteran de nada. Tanto poder espurio dos medios debe afectar ao cerebro. O máis chusco é o ofendidos que algúns estaban polo eslogan "Que no nos representan, que no". E veña a dicir que acababa de haber eleccións, ou que a Monarquía xa foi votada no referendum constitucional.

Pero, verá usted (pequeno guiño á muletilla de Carrillo), resulta que o referendum foi entre fascismo e monarquía parlamentaria, e só entre iso. E, con boa lóxica, o personal dixo que prefería a monarquía parlamentaria. Pero ese feito, tan alabado por dentro e por fóra, é o que é e só o que é, e non pode ocultar que nunca se votou entre Monarquía e República. Foi o resultado dunha transición difícil e complexa, na que a sociedade española, ao aprobar a Reforma Suárez, optou polo posibilismo; unha opción que, mesmo que non fora a miña, foi perfectamente lexítima. O persoal que entón estaba vivo e en idade de votar (que, non o esquezamos, non é o mesmo que hoxe está vivo e en idade de votar) nunca dixo, nunca tivo opción de dicir, que prefería a Monarquía á República. Nunca. E mentras non se vote iso non estará rematada a transición, nin a democracia española será unha democracia plena, nin se poderá dicir sen mentir que no referendum se votou a Monarquía frente á República.

E, verá usted tamén, as eleccións actuais non son, mesmo que así se disfracen, para elexir representantes. Son para elexir os xestores do poder político, que non é o mesmo. Posiblemente sexa o mellor sistema ata agora coñecido para ordear unha sociedade complexa, pero, por favor, non ofendan a nosa intelixencia dando saltos ontolóxicos que se sacan vostedes da manga. Cando un vota nas actuais eleccións o único que fai, o único que pode facer, é elexir entre as ternas que previamente argallan, e non sempre de forma limpa (aí están as trangalladas das cuotas orquestadas pola UPG no seo do BNG), os aparatos profesionalizados dos partidos políticos. Os que salen gañadores entre esas ternas precocinadas teñen, para min resulta evidente, toda a lexitimidade para exercer o poder que lles otorgamos nas urnas. Pero ese exercicio lexítimo do poder non os convirte en representantes de ninguén. Por iso, autoproclamarse representantes non é máis que unha mentira ontolóxica: é certo que nos gobernan como lexitimidade, pero tamén o é que non nos representan, que non.

E volvendo á Elviña e á Torre, e por iso de relaxar, coméntolles que hai dous sábados pasei o día cuns simpáticos e afables técnicos dalgunha televisión xaponesa que viñeron filmar unha reportaxe sobre a Torre de Hércules e o Castro de Elviña. Non teño fotos do Castro, pero sí da Torre e do Museo, e ahí llas deixo:







¿Ve cómo sí que se traballa, Ángeles Afuera?


2011-06-21 10:28 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69957

Comentarios

portada | subir