ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Abril 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas "raras" de Elviña, con probable final en Lugo (I)

De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas "raras" de Elviña, con probable final en Lugo (I)

2011-06-23 11:02:58+02

É ben sabido que as escavacións do Castro de Elviña foron encetadas por Luis Monteagudo, comisionado pola Universidade de Santiago, aló por 1947. O responsable da arqueoloxía no Estado, certamente azul, de entón, Martínez Santa Olalla, nomeou pola súa parte a José María Luengo en calidade de director comisario ou algo así. As relacións entre Luengo e Monteagudo non foron particularmente boas, e as tensións entre eles resolvéronse como correspondía ao estado cromático das cousas: dende o ano seguinte ata 1954 o Castro pasou a ser dirixido en solitario por José María Luengo.

Desas escavacións publicou Luengo unha pequena memoria en 1955. Nela aparecían debuxadas unhas pezas moi peculiares, cun corpo aberto e un pé realzado troncocónico, modeladas nunha cerámica gris con acabado coidado, case bruñido. Lamentablemente no texto de Luengo non se facía mención ningunha destas cerámicas, englobadas aparentemente nas produccións castrexas.


Debuxo na memoria de José María Luengo, 1954-55.

É posible que o lonxano parecido destas pezas coas copas para beber viño que comezan a producirse na Atenas do século VI a. C. estea na orixe dunhas misteriosas "cerámicas áticas" presuntamente procedentes do Castro de Elviña, que son reiteradamente citadas na bibliografía arqueolóxica e que, pola contra, non aparecen por ningún lado. Nin nos textos de Luengo, nin nos materiais custodiados no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, nin na memoria das persoas que, como Felipe Senén López ou Juan Naveiro, traballaron no Castro, se atopa rastro ningún desas cerámicas áticas.


Kylix de cerámica ática, século VI a.C.

As curiosas pezas atopadas por Luengo estiveron moitos anos expostas nas vitrinas de San Antón. Unha delas, que aparentemente conservaba íntegra unha parte completa do perfil, dende o labio da copa ata o pé, foi recunstruída con criterios moi diferentes aos hoxe vixentes.


Reconstrucción dunha das pezas, no Museo de San Antón.

A pesares do chamativo e o inusitado dos fragmentos expostos, e sobre todo do peculiar carácter da peza reconstruída, nunca foron estudadas cunha mínima profundidade. Sen embargo, no mundiño arqueolóxico falábase da existencia de vasos "tipo kylix", e non son raras as máis ou menos difusas alusións, na bibliografía especializada recente, á aparición en Elviña de cerámicas "de tipo grego", "de formas mediterráneas" ou, posteriormente, "de imitación de cerámica campaniense", caracterización que se lles da nos estudos do Plan Director do Castro de Elviña redactado pola Universidade de Santiago baixo a dirección do Dr. Criado Boado.

Pero o asunto distaba de estar claro. As pezas non tiñan que ver con nada habitual no mundo castrexo, nin se correspondían coas formas coñecidas da cerámica campaniense. Como posibles imitacións de kylikes áticos non era fácil entender unha chapuza de tal calibre feita por un mundo que, ao mesmo tempo, se reclamaba autor de obras técnica e estéticamente admirables como son as que forman o tesouro áureo atopado no castro.

(Continuará...)


2011-06-23 11:02 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69967

Comentarios

portada | subir