ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas "raras" de Elviña, con probable final en Lugo (II)

De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas "raras" de Elviña, con probable final en Lugo (II)

2011-06-24 03:05:28+02

A caracterización das cerámicas en cuestión non é inocente. Se fosen imitación de kylikes áticos, deberíamos pensar nunha antigüidade cando menos do século V, se non do VI, antes de Cristo. Para o que se coñecía antes dos anos 80 do século pasado, iso facía de Elviña un dos castros máis antigos de Galicia. Hoxe, despois do camiño aberto polo añorado Antonio Álvarez Núñez (¿estaría hoxe cumplindo o súa teima de protestar con saco de dormir e botella de auga mineral, ou se negaría por iso de levar a contraria?) en Penalba a golpes de carbono 14, remachado pouco despois por Antonio de la Peña cos seus estudos en Torroso, sabemos que o poboamento amurallado en outeiros ven de moito máis atrás; os datos obtidos no Norte de Portugal traspasan mesmo o 1000 a.C. Pero mesmo así trataríase dunha antigüidade máis que considerable, en pleno proceso formativo do mundo castrexo ou a comezos do chamado Ferro I.

A interpretación como imitacións de campaniense, unha cerámica de verniz negro producida nas área de Nápoles (a Campania), Florencia (Etruria) e Sicilia entre os séculos III e I a.C. grosso modo, resultaba moito menos violenta e máis acorde co que se ía sabendo de Elviña; do castro xa eran coñecidas algúns fragmentos de auténticas campanienses, así como de ánforas itálicas empregadas no transporte de viño (as chamadas Dressel 1), de cronoloxía coherente. A pesares de que as formas non cadraban ben coas campanienses canónicas, a interpretación das cerámicas quedou nese mundo difuso de imitacións de vaixelas finas de verniz negro anteriores ao dominio romano da Gallaecia.

As campañas de escavación desenvolvidas en Elviña entre 2003 e 2007 centráronse no ángulo SW da muralla do recinto murado máis interior e máis alto do castro, a chamada croa ou acrópole, tanto intra como extramuros.


Mesmo que sairon tamén evidencias de utilizacións anteriores e posteriores do solar, o panorama máis evidente pertencía a dous momentos sucesivos; un deles abarcando os dous (se non tres) últimos séculos antes de Cristo, con transformacións urbanísticas en torno ao cambio de era, e outro posterior, que neste momento situamos nos dous primeiros tercios do século I d.C. O primeiro destes dous momentos proporcionou, ademais de abundantísima cerámica castrexa do chamado Ferro II, cerámicas exóticas dos citados séculos II-I a.C.: ánforas vinarias grecoitálicas e itálicas das xa citadas Dressel 1, ánforas e askoi púnicos, cerámica campaniense de verniz negro, cerámicas ibéricas, etc.


Materiais preaugusteos na croa: (1) ánfora grecoitálilca; (2) cerámica campaniense; (3) ánfora púnica africana; (4) posible askós; (5) ánfora Dressel 1 a; (6) cerámica ibérica.

Pero non apareceu nin un só anaco desas cerámicas grises bruñidas ou cuasi-bruñidas que, se realmente fosen imitacións de campanienses, serían esperables entre o abondoso material atopado.

As pezas "raras" de Elviña quedaban así no limbo do descoñecido, un limbo no que cecais sempre deberan ter estado, se damos por bo o que unha vez me dixo un amigo: vale máis unha sólida duda que unha falsa certeza. Aproveitando unha remodelación das vitrinas de Elviña no museo para expoñer os novos materiais, retiramos da circulación esas pezas das que non sabíamos dicir nada sen mentir. Ben poderían ter quedado, como mostra da realidade do coñecemento arqueolóxico (sabemos pouco, propoñemos e debatimos algo, descoñecemos moito), se houbese espazo para elo, o que non é o caso.



E con esa incógnita na cabeza (que non é máis que unha das moitas que Elviña, como calquera outro xacemento, plantexa cando un se aproxima con mirada curiosa e crítica) comezou a última das campañas de escavación, desenvolvida entre xaneiro e xuño de 2009. A diferencia das anteriores, plantexouse esta englobando unha boa parte da muralla máis exterior do castro, detectada ao sur da croa durante os sondeos de 2002. Os resultados do pequeno sondeo de entón, tanto polos materiais como pola técnica constructiva da muralla, apuntaban a momentos considerablemente máis avanzados que os estudados na croa. Os fragmentos de ánfora de posible adscripción ás produccións béticas destinadas ao transporte de aceite (as chamadas Dressel 20), os anacos de vaixela fina de verniz vermello con decoración de círculos (terra sigillata hispánica) e outros elementos como as asas dunhas ánforas, tamén de fabricación bética, das que aínda está en discusión o seu contido (as Haltern 70), permitían propoñer o comezo da utilización desta zona do castro a finais do século I d.C. ou comezos do II; o límite final viña marcado por algúns fragmentos de vaixelas finas, cun verniz máis alaranxado que as anteriores, das que derivan, fabricadas entre os séculos IV e V d.C (terra sigillata hispánica tardía).



Así, se as anteriores campañas foran destinadas a intentar comprender o nacemento do castro e os seus primeiros momentos, esta tentaba de estudar o seu final.

(Continuará...)


2011-06-24 03:05 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69971

Comentarios

portada | subir