ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Abril 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas “raras” do Castro de Elviña, con probable final en Lugo (IV)

De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas “raras” do Castro de Elviña, con probable final en Lugo (IV)

2011-06-30 01:12:48+02


Distribución de pés troncocónicos grises (puntos vermellos en CAP) na escavación de 2009

A situación non podía ser máis contradictoria. Coñecedor das miñas limitacións, o primeiro que pensei é que todo estaba mal, que a confusión se debía a unha escavación mal dirixida. Pero os feitos aguantaban todas as probas e todos os contrastes. Máis aínda, lonxe de aclarar por qué aparecían aí, en contextos tardíos, cerámicas de momentos romanos ben temperáns, as sucesivas análises concretaban máis a súa cronoloxía: os presuntos "kilikes" estaban enmarcados, por abaixo (terminus post quem), por unidades estratigráficas que contiñan, por exemplo, unha panza de terra sigillata hispánica tardía con decoración do chamado Primeiro Estilo, ben encadrable a finais do século IV d.C.; por arriba (terminus ante quem), por un magnífico exemplar, fragmentado in situ, de cunca de terra sigillada africana D, fabricado en Túnez, da forma á que Hayes deu o número 99a, propia de finais do século V d.C. se non de comezos do VI. Os nosos pés "raros" quedaban así ben situados no século V, pero non antes de Cristo coma os kilikes áticos, se non despois de Cristo: unha diferencia de mil anos.



Unha vez fixada a cronoloxía das pezas no século V d.C., do que se trataba era de comprender. Non coñeciamos nada similar en Galicia, e o século V nos resultaba de certo alleo. Tampouco os colegas consultados nos souperon indicar ónde comezar.

Ata que, mentras estudabamos (sempre, sempre hai que estudar, estudar sen parar, continuamente) o impresionante "amansaburros" de título Cerámicas hispanorromanas. Un estado de la cuestión, de certo imprescindible, publicado en 2009 pola Universidade de Cádiz baixo dirección do infatigable Darío Bernal Casasola e A. Ribera i Lacomba, unha imaxe golpeounos os ollos: nela había tanto pés troncocónicos realzados semellantes aos nosos, coma formas carenadas que lembraban á de Luengo. Estaba no artigo de Juan Ángel Paz Peralta adicado a "Las producciones de terra sigillata hispánica intermedia y tardía":



(Continuará...)


2011-06-30 01:12 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70005

Comentarios

portada | subir