ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Agosto 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas “raras” do Castro de Elviña, con probable final en Lugo (V e último)

De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas “raras” do Castro de Elviña, con probable final en Lugo (V e último)

2011-06-30 21:29:04+02

¿E qué son esas pezas da lámina que nos abría un camiño? Pois nin máis nin menos que cerámicas grises de Astorga, do século V, coas que Paz tipifica a súa proposta dunha nova facies, á que chama "grupo C", da terra sigillata hispánica tardía, difundida polas provincias de León, Palencia e Zamora (os grupos A e B son os dos alfares rioxáns e os da Meseta). Ao final ía resultar que andabamos a buscar polo Mediterráneo central e oriental, cando o fabriquín tiñámolo a carón da casa.

Polas mesmas datas, a Dra. Rosa Brañas andaba a inventariar o legado que a filla de José María Luengo donara ao Museo Arqueolóxico de San Antón, no que Rosa estaba de bolseira. Ademais de libros, revistas, manuscritos e mobles, no legado había un certo número de pezas arqueolóxicas. Unha delas chamoulle a atención e mostrouma: era un pé troncocónico gris, pero que levaba unha referencia pegada: "Astorga". Mesmo se a cerámica desta última peza era de mellor factura, ou cando menos de mellor cocción, a similitude coas de Elviña resultaba patente:

Pés realzados troncocónicos de Elviña (Luengo e Bello) e Astorga (Luengo). Debuxos e fotos (cutres, que son co móbil) de J.M.Bello.

Non só tiñamos o fabriquín a carón da casa, se non que a peza clave para a interpretación dos primeiros falsos kilikes resultou tela Luengo, descubridor daqueles, nalgún caixón.

Xa estabamos orientados, pero non estabamos conformes. As diferencias entre a única peza de Astorga e as de Elviña seguían estando aí, e das cerámicas de Paz Peralta tan só dispuñamos do debuxo e dunha breve descripción xeral das formas e das pastas. Cando xa estabamos pensando en ir ver as pezas de Astorga, que non están en Astorga se non en León, a casualidade proporcionounos unha ocasión ainda mellor. A S.E.C.A.H. - Ex Officina Hispana organizaba no Museo Arqueológico Nacional unha mesa redonda restrinxida sobre "La Terra Sigillata Hispánica Tardía y sus contextos: estado de la cuestión, e entre os relatores figuraba o Dr. Ángel Paz Peralta. Gracias á amabilidade do Presidente da SECAH, Dr. Ángel Morillo Cerdán, e do Secretario Xeral, D. Luis Carlos Juan Tovar, puiden asistir como ouvinte ás sesións da mesa redonda. Nas sesións era ouvinte, pero os entreactos eran meus: non é necesario dicir que, armado coas correspondentes caixiñas, asaltei implacablemente aos grandes sabios entre ponencia e ponencia. Como sempre ocurre cos grandes, a amabilidade e a sinxeleza de trato foi parella coa súa altura profesional e humana; só podo manifestar o profundo agradecemento a cantos torturei coas miñas preguntas. Foron moitos, por non dicir todos; pero o que importa agora é a abordaxe a Paz Peralta, por quen me enterei do recente pasamento de Maite Amaré Tafalla, no que foi a nota am


2011-06-30 21:29 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70011

Comentarios

portada | subir