ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Febrero 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28        

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¡Festa dos "petrolíferos" (alias petroglifos) en Tourón!

¡Festa dos "petrolíferos" (alias petroglifos) en Tourón!

2011-07-06 22:22:53+02

Petrolíferos é como lles chamaba aos petroglifos un antigo e célebre conserxe do museo, sendo director Felipe Senén López. "Don Filipe, que aquí hai un señor que pregunta ónde están os petrolíferos". E, a base de contar o chascarrillo, petrolíferos quedoulles na xerga gremial interna desta casa de San Antón. É un pouco o dos mandacarállidos por ovicápridos, ou arquílogos por arqueólogos, que popularizara en tempos o primeiro mestre, logo amigo e agora ausencia, Carlos Alonso del Real. Pero iso tocará, se toca, outro día, que a fin de contas non son máis que historietas de arquílogo vello en plan Abuelo Cebolleta.

Os petrolíferos que hoxe me interesan son os de Tourón. E interésanme hoxe non só por ser imponentes, que o son, se non porque veño de recibir un correo do amigo Ventura (Buenaventura Aparicio segundo o seu DNI) ao que adxunta o cartaz dunha impresionante Festa da Arte Rupestre que se celebrará alí mesmo, en Tourón, con visitas nocturnas e no solpór ás estacións "petrolíferas", talleres de arqueoloxía para nenos, adultos ou familias, hípica infantil e moitas máis cousas. Vai:





Imprescindibles as dúas visitas, a da tardiña da man do Dr.Aparicio, don Ventura. Se poden, non as perdan.


2011-07-06 22:22 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70046

Comentarios

portada | subir