ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Agradecemento e reflexión: Os de 5º B no Castro de Elviña (CEIP Juan Fernández Latorre)

Agradecemento e reflexión: Os de 5º B no Castro de Elviña (CEIP Juan Fernández Latorre)

2011-07-10 13:08:31+02

De pura casualidade atopo esta montaxe, feita polos alumnos de 5ºB do CEIP Juan Fernández Latorre, sobre a súa visita ao Castro de Elviña. A min paréceme molona e polo tanto a comparto. Porque, a fin de contas, de compartir é do que se trata.

Presentación de diapositivas: Castro de Elviña

Compartir, porque o Castro é de todos, non só dos poderes espurios que tentaron (¿verdade, Ángeles Afuera?) e tentan gobernar, con difamacións e calumnias e mediante un imperialismo mediático sobre os blandos medios locais, un asunto que non é deles e no que nin están, nin se lles espera (salvo, claro, os que son como eles, por arriba e por abaixo).

Santa internet, santos profes volcados na súa profesión, santos alumnos con ganas de saber, de participar, de traballar, de gozar. Santa xente con ganas de vivir. O Castro de Elviña é voso, é noso. Mesmo, porque somos así de xenerosos, é tamén deles. Porque é de todos, ainda que algúns non o merezan.

Pero cousas como esta mostran non só que en Elviña non hai nada parado (máis ben todo o contrario) se non, sobre todo, que a pesares dos intentos de tomar o Castro como rehén para conseguir beneficios particulares, o proxecto sigue e cala na cidadanía.

A 5º B do CEIP Juan Fernández Latorre: moitas, moitas gracias.


2011-07-10 13:08 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70064

Comentarios

portada | subir