ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > La Voz de Galicia. ¿Vai unha porra?

La Voz de Galicia. ¿Vai unha porra?

2011-07-15 21:03:16+02

O pasado mércores, 13 de xullo, recibín unha chamada telefónica. Unha voz noviña, femenina, preguntaba por José María Bello.
-"Chamo da Voz de Galicia e quería facerlle unha entrevista sobre as escavacións do Castro de Elviña".
Lóxicamente, despois das auténticas burradas que publicou a sección de Local de La Voz acerca de min, saltáronme as alarmas.
-"Mira, é que en Elviña non hai escavacións neste momento".
-"Non, xa sei, era sobre as visitas ao Castro. É que queríamos sacar unha reportaxe ampla o sábado."
-"Ah, diso sí que hai, pero ¿quén és?"
Identificouse co seu nome, que non ven ao caso, e díxome que estaba en prácticas.
-"Mira, ¿quén che indicou que me chamases? ¿Laureano?"
-"Sí, foi Laureano".
-"Non hai problema para que fagamos a entrevista cando gostes, pero dille a Laureano, se fas o favor, que antes de facela quería falar con él; que me chame a este mesmo teléfono cando lle veña ben".

Laureano é o xefe de Local, e xa que logo o responsable das dúas enormes chorizadas que La Voz publicou sobre min; dúas pseudonoticias dirixidas a difamarme e mesmo calumniarme e nas que non se da unha no clavo. Pero diso falaremos a semán que ven se hai tempo e gañas.

Como Laureano non me chamaba, pareceume unha boa ocasión para falar co Director de La Voz de Galicia, José Luis Vilela, persoa cabal á que coñezo dende hai xa moito e coa que sempre mantiven unha boa e cordial relación. Estivemos a falar durante máis de media hora. Lóxicamente non contarei a nosa conversa salvo que no futuro for necesario se continúan os ataques difamatorios da Sección de Local; pero sí direi que toda ela foi distendida e cordial, e que lle fixen saber o meu desexo de que me chamase Laureano, máis que nada para saber se cumplía ordes dalgún poderoso grupo mediático, cecais con certa prisa, ou se simplemente se trataba dun exceso mal dixerido de cultura xaponesa. José Luis quedou en dicirlle que me chamase, e isistiu en que non me preocupase, que Laureano me chamaría.

Evidentemente non me chamou. Ás veces os silencios son máis elocuentes que as palabras.

Pero o caso é que mañán é sábado, o día en que Sección de Local de La Voz de Galicia quería publicar unha ampla reportaxe sobre o Castro e as visitas a él. Paréceme pois oportuno propoñerlles unha porra, a ver quén acerta. Mañán, sábado, en La Voz de Galicia...

a) Non se publicará nada sobre as visitas ao Castro de Elviña.

b) Publicarase unha reportaxe dicindo que José María Bello non quixo respostar ás preguntas da periodista.

c) Publicarase unha reportaxe sen citar a José María Bello nin para ben nin para mal. No seu defecto entrevistarán a algún dos guías do castro e, por poñer un toque erudito, a Begoña Bas ou así.

d) Publicarán unha reportaxe dicindo que José María Bello é un Acosador Laboral e Sexual de Recoñecido Prestixio e Máster en Tocamentos de Prendas Íntimas pola Universidade de Braga.

e) Publicarán unha reportaxe sen citar a ninguén.

f) Non sabe/non contesta.

Para a miña aposta dubido entre a (b) e a (c). ¿E vostedes?

Por suposto, cabería outra porra, pero esa non ten mérito. ¿Será capaz Laureano de dar a cara e telefonear a José María Bello? Se hai algún que pense que sí, que avise para darlle o premio á inxenuidade.


2011-07-15 21:03 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70103

Comentarios

portada | subir