ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Agosto 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Cousiñas chorras de sábado

Cousiñas chorras de sábado

2011-07-16 14:44:23+02

Hoxe é sábado e, xa que logo, día de descanso. Non tocan cousas serias se non máis ben cousiñas chorras.

- Cousa chorras nº 1: A porra de La Voz de Galicia. Non acertou ninguén. A solución correcta era a (a): non publicaron nada sobre as visitas a Elviña.

- Cousa chorras nº 2: Laureano non chamou. Hai silencios máis elocuentes que as palabras.

- Cousa chorras nº 3: Respostas ás dúas últimas preguntas capciosas de Ángeles Afuera, que máis chorras non poden ser. Van:



"¿Por qué las tres arqueólogas que le denunciaron por acoso y amenazas están relegadas en dependencias del Coliseo?"

A ver, dona, que non da vostede unha. Primeiro, en Elviña nunca houbo tres arqueólogas contratadas. Hai unha arqueóloga (a súa filla de vostede, Begoña González Afuera) e dúas Axudantes de Arqueoloxía (María Rodríguez Rodríguez e Lucía Costa Suárez-Torga). O de poñer ás tres no mesmo plano é un vello truco da Arqueóloga a fin de escapar das responsabilidades propias do seu cargo, moi superior en grado, en salario e en responsabilidade, ao das outras dúas. Dito isto, haberá que aclararlle que no Coliseo están os talleres e laboratorios oficiais do Museo Arqueolóxico, así como ás Sás de Reserva, nome pomposo que os museólogos usan para referirse ao que os mortais normales chaman (chamamos) almacéns. Isto é así dende o 2000, e nestes 11 anos ninguén soltou a chorrada de que traballar (ou facer que se traballa, ou mesmo torpedear o traballo) en lugares tan nobles fose estar relegado. Ata vostede, claro. Toda unha crack, como xa dixemos.

"¿Por qué la concejala de Cultura mira para otro lado?"

A Concelleira de Cultura á que vostede se refire, María Xosé Bravo, xa non está e no que a min se refire tampouco a espero. Chega vostede un pouco tarde: hai que facer as preguntas con tempo dabondo, non cando vai tocar o gong. Espabile, dona.

Por certo: ¿sabe vostede que saín completamente absolto, limpo, impoluto, das denuncias falsas ás que fai referencia? E, xa que o sabe, ¿por qué non o di? ¿Por iso de calumnia que algo queda? Pois é unha baixeza, ¿non cre?

- Cousa chorras nº 4: Hoxe síntome xeracional. Entre beat e rock. Como teño que baixar a ver se pillo ainda algo de pan de Carral mentres se asa un precioso polo de corral, enfundo pantalóns vaqueiros, botas camperas, chapeu Stetson Safari Waterproof, que chove, e, baixo a cazadora, camiseta (perdón, T-Shirt, é que eu vou pola vella) co célebre digitus impudicus de Johnny Cash. E morreu o conto.


2011-07-16 14:44 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70107

Comentarios

portada | subir