ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Agosto 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Qué vergoña de periódicos.

Qué vergoña de periódicos.

2011-07-25 12:57:18+02

Non mirei, claro, todos os diarios nacionais. Pero se o mostreo aleatorio indica algo, é o descarado intento de ocultar o fenómeno de máis calado que está a ocurrir no país dende o comezo da transición inconclusa.

Curiosamente, os diarios extranxeiros falan hoxe de España e non polo caso Camps, nin polos fogos máxicos de Santiago, nin siquera pola teima zapateril do asesino de Oslo.

España é hoxe noticia, en todo o mundo menos na propia España, polo ocurrido onte en Madrid, coa chegada das columnas 15-M e a posterior manifestación, masiva, festiva, ocurrente e acertada como poucas. Trátase dun fenómeno inusitado, sorprendente, novo e creativo, que apunta ben e dispara verbas certeras cargadas de futuro. Esas son as nosas armas.

Debo facer excepción do diario Público, que adica boa parte da portada á manifa madrileña. Seguro que hai algún máis que se me escapa, e pídolle perdón sen rubor nengún.

Pero o resto, a maioría, a práctica totalidade... que non nos representan, que non.


2011-07-25 12:57 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70153

Comentarios

1
De: Brigantinus Fecha: 2011-07-26 16:11

Pater, pasei estes días polo castelo. Deixei o número de teléfono por se queres poñerte en contacto.



portada | subir