ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Vista gorda

Vista gorda

2011-10-02 17:25:10+02

Ando a ler. Normal, claro. Como todos. Leo sobre o Exército Roxo, soviético, da II Guerra Mundial. Cousas de ser aficionado aos primeiros fascículos de colección.

E leo, cómo non, a Xosé Luis Barreiro, unha das poucas molleras merecentes de tal nome no país. Con minúscula, como corresponde a calquera mortal, que para maiúsculas e teofanías ben nos chega cos Ultramontanos da Pataca Galaicominhota. ¿Fritida ou cocida? ¿Colonia ou champú? ¡Uuuuuuh!

Di Barreiro: "Y por eso le iría mejor a los médicos catalanes si, en vez de dar coces contra el aguijón, se preguntasen en serio si escogieron bien a sus administradores; si vivieron ciegos hasta hoy o solo hicieron la vista gorda; si creen que se puede seguir haciendo política con partidos enquistados en sus inercias clientelares, y si es mejor permanecer en el círculo vicioso en el que están atrapados -de catalanismo puro a catalanismo en sucedáneos- o vale la pena airear la agenda política y las opciones de gobierno de forma inteligente."

Atinan as verbas de Barreiro. Eu son tamén culpable de vivir como se estivera cego e de facer a vista gorda, sempre en aras dun ben presuntamente superior que nunca da chegado. Prestamos votos que nunca nos devolven, calamos ante as falcatruadas dos nosos ou os case nosos, por iso de que son os nosos e se os criticamos axudamos a que veñan os que non son nosos e ademais os nosos xa non nos considerarán nosos. E co noso (o meu) silenzo medra a gangrena. Así está a ser, mal que nos (me) pese: sí no meu nome, sí co meu (noso) silenzo.

¿E qué pinta o Exército Roxo? Pinta, pinta. Pinta, por exemplo, que a súa desaparición, a desaparición da URSS, a caída do bloque soviético, está na base do desmantelamento do estado de benestar, esa concesión do capitalismo ás cabezas nucleares do Telón de Aceiro. E non se di. Ocúltase. Tododiós disimula mentres a choiva fina vai calando ata o máis fondo e da loubanza acrítica pasamos ao desprezo acrítico dos anteriores deuses, hoxe demos ("deus de onte, demo de mañá", que repetía Carlos Alonso del Real, xenial por máis que Suso de Toro se empeñe en calumnialo nunha das suas tarugadas).

E pinta na corrupción interna do Exército Roxo, paralela á corrupción do estado soviético, a raíz das purgas de Stalin; unhas purgas que estivemos e estamos a ver de xeito cotiá na nosa casa, de mans dos estalinistas da UPG no seo do Bloque, de mans dos sorbedores de cartos públicos sen oficio nen beneficio do PSOE no seo do seu partido, de mans de ambolosdous grupos a extinguir que roubaron o nome, a alma e os votos da esquerda para consituirse en casta privilexiada adicada á súa perpetuación en beneficio de sí mesma. Amarga verdad.

Pues amarga la verdad
quiero echarla de la boca,
y si al alma su hiel toca
esconderla es necedad
.

Cambio a Quevedo por Lorca e vou coidar o xazmín, a menta e a albahaca. Pero volveremos a Quevedo,

pues libertad
ha engendrado en mi pereza
la pobreza
.


2011-10-02 17:25 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70500

Comentarios

1
De: Brigantinus Fecha: 2011-10-03 17:04

Enorme, Pater. A responsabilidade de todos. De anos de ser "tontos utiles" que ó final ían votar co nariz pechado.

O de Suso de Toro... supoño que te refieres ó de "poucos celtas e moito carbono 14". Máis que tarugada, demagoxia para acadar o aplauso fácil.

E o dos fascículos... fascíname esa editorial. Esa colección non me interesa tanto, pero a que publicaron sobre a Antigüidade, era boísima, e algún dos títulos xa os vin nas estanterías da biblioteca do Castelo ;-)



portada | subir