ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¡Ai, Rodolfo de mi vida! ¡Alfredito de mi alma! (Goebbels vs. Lincoln)

¡Ai, Rodolfo de mi vida! ¡Alfredito de mi alma! (Goebbels vs. Lincoln)

2012-02-01 22:26:24+01

Leo na rede:

"La actitud de la SER en las primarias de Madrid, cuando Rodolfo Irago mostraba con persistencia una supuesta encuesta que haría de Trinidad Jiménez la candidata natural de los socialistas madrileños frente a un desconocido Gómez, ya fue un anticipo de esta segunda etapa de intrusismo periodístico en la actividad de los socialistas. Gómez ganó e Irago paso a formar parte del “proyecto socialista” con nómina de Ferraz y al servicio de Pérez Rubalcaba."

E noutro sitio, falando do congreso do PSOE e do seu futuro secretario xeral, dise:

"Si el vencedor es el candidato Rubalcaba, todo parece indicar que será Rodolfo Irago quien se haga con las riendas de este departamento. El ex director de Informativos de la Cadena SER lleva varios meses asesorando a Rubalcaba y trabajando junto a su equipo de colaboradores más inmediato.

¡Ai, Alfredo de mi vida! Que ben fixen negándome a prestar o meu voto nas últimas. E iso que daquela non me enterara de que Rodolfo de mi alma estaba en nómina ao teu servizo.

Ese pollo, Rodolfo Irago, no seu momento chamou a altos cargos do Concello da Coruña, PSOE gobernante, pedindo (mellor, esixindo) a miña cabeza, sen coñecerme de nada e xa non sen falar conmigo, se non pola espalda e sen o menor intento de localizarme. Ao máis puro estilo da instigadora Ángeles Afuera (tamén ela chamou a mandos de menor cuantía), sempre ás ocultas, sempre a traizón, nunca de frente e a peito descuberto (é pura metáfora, por favor, que de espantos xa anda un farto).

Pois mire usted, don Rubalcaba: un ten que saber con quén se xunta. E se vostede se xunta con esa especie de Pequenos Goebbels e Pequenas Goebbelesas, practicantes inveterados das máximas "calumnia, que algo queda" e "unha mentira repetida mil veces transfórmase nunha verdade", queda contaminado. Por consiguiente, usted no presidente.

E, coma sempre, frente a Goebbels, Lincoln: "Podedes enganar a algúns todo o tempo. Podedes enganar a todos algún tempo. Pero non podedes enganar a todos todo o tempo".

E a estas alturas xa non enganades a nin dios.


2012-02-01 22:26 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71216

Comentarios

portada | subir