ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¿Quén prevarica? ¿Garzón ou o tribunal supremo?

¿Quén prevarica? ¿Garzón ou o tribunal supremo?

2012-02-11 14:08:20+01

Garzón non. E esta afirmación non é un apriorismo se non unha conclusión.

Prevarica o maxistrado ou xuiz que emite unha sentencia ou resolución inxusta a sabendas de que o é.

Para que exista prevaricación teñen que darse as dúas condicións. Unha de carácter obxectivo, a existencia de resolución inxusta (que ten que ser indudablemente inxusta, sen que caiba duda ou interpretación diferente máis que a súa patente e evidente inxustiza), e outra de carácter subxectivo, a plena conciencia desa inxustiza por parte do xuíz, quen, a pesares de saber que está a cometer un acto inxusto, decide cometelo con todas as consecuencias (e esta mala fe por parte do xuíz debe ser tamén evidente e fóra de toda duda razoable).

No caso de Garzón, diga o que diga o supremo, non se da ningunha das dúas condicións. Ata a sentencia que pola miña parte rexeito sen o menor asomo de respecto hacia ela, o asunto polo que se acusa a Garzón (é dicir, os límites do dereito de defensa) non só era discutible, se non que era discutido. A actual sentencia do supremo deixa as cousas máis claras nese aspecto (sen que me quede claro por qué nos casos de terrorismo se pode alienar ese dereito inalienable), e a partires de agora sí que se poderá falar de clara resolución inxusta para os xuices e maxistrados que ordenen intervencións como a do caso presente. Pero antes da sentencia non era así, e as escoitas de Garzón foron, lóxicamente, antes da sentencia clarificadora. Ergo, cando Garzón ordeou as escoitas, para nada estaba clara a inxustiza desa orde; baste para probalo, como tantos dixeron antes de min, que o mesmo criterio foi aplicado pola policía, pola fiscalía e polo xuíz que prorrogou as escoitas ordeadas por Garzón. De inxusticia evidente, xa que logo, nada de nada. Falla pola súa base o criterio esencial, fundamental, sine qua non, do presunto delito de prevaricación.

Tamén falla con toda evidencia a condición subxectiva. Non só resulta patente que Garzón non obrou con mala fe, senon que resalta sen posibilidade de dúbida que obrou de plena boa fe, na creencia, correcta ou incorrecta, de que podía e debía obrar como obrou a fin de evitar un delito continuado e sempre con plenas garantías para a defensa dos acusados.

Sen cumplirse as condicións obxectivas nen subxectivas sinaladas non pode haber delito de prevaricación. Pode haber erro máis ou menos grave, máis ou menos punible ou sancionable, pero nunca, nunca, prevaricación. A propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (cando aínda merecía as maiúsculas) o deixa patente de forma clara e distinta.

Non hai prevaricación na conducta de Garzón, e iso o supremo sábeo perfectamente. A sentencia é clara e indudablemente inxusta. O tribunal dictou unha sentencia evidentemente inxusta e, sen que caiba a menor dúbida, con plena conciencia da súa inxustiza. Na sentencia do supremo danse, xa que logo, as dúas condicións, obxectiva e subxectiva, do delito de prevaricación, e dase, ademais, por unanimidade.

¿Quén xuzga esa suprema prevaricación unánime?

¿Cómo? ¿Que non hai forma? ¿Que iso non se contempla no vixente ordeamento xurídico? ¡Pois a reformalo a toda pastilla, cona, que xa vai sendo hora de facelo dende a morte do dictador asasino!


2012-02-11 14:08 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71273

Comentarios

portada | subir