ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Agosto 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¿Nacionalistas de esquerda ou tontos útiles a favor da U?

¿Nacionalistas de esquerda ou tontos útiles a favor da U?

2012-02-12 12:16:52+01

Seica hoxe ten lugar a asamblea do Encontro Irmandiño de Beiras e López Rico (e moitos outros, claro), e que o punto central a debater é se continúan no BNG, caixón de sastre que segue a ser dirixido dictatorialmente, coma sempre, pola U de Paco Rodríguez e o resto de coroneis de psiquiátrico, ou se liberan dese papel de comparsa e tentan unha nova aventura política, sós ou con outros.

Eles saberán. Hai quen di que os Irmandiños son mala xente. Na pouca medida na que tiven trato co persoal de Encontro Irmandiño a min parecéronme de sempre o contrario: boa xente, fiable, seria e honrada. Xusto o contrario da meirande parte (hai excepcións, coma sempre) dos membros da U.

En propia carne sufrín o fanatismo, o estalinismo, o emprego de medios deleznables (a delación, a traizón, a espionaxe espuria e subrepticia, as denuncias anónimas e sen dereito a defensa, os procedementos inquisitoriais, as trampas, a negación sistemática de dereitos laborais e mesmo civís) para conseguir vai ti saber qué fin visionario. Obediencia debida, supoño: iso escoitoise moito en Nuremberg, seica. Carne de psiquiatra.

Refírome, por suposto, ao mobbing que durante máis de dous anos dirixiu contra min unha ex-concelleira de cultura de triste recordo agás para os estómagos agradecidos (cultura con minúscula, a Cultura é outra cousa que non soe estar ao alcance das persoas incultas que non queren deixar de selo), empregando como medios de actuación a sicarios como un ex-Jefe de Servicio, unha ex-axudante de museos (ambolosdous recibiron premios pola sua innoble fidelidade, como en Los Soprano), unha arqueóloga e dúas axudantes de arqueoloxía entre moitos outros trepas, contando coa axuda pasiva dun PSOE acobardado polos pactos de des-goberno municipal. O seu empecinamento de Salomé empeñada en conseguir a cabeza do Bautista (aquí un Bautista para o que gosten mandar) deixou ao museo de San Antón nun estado lamentable que ainda non poido superar. Todo isto ao tempo do chanchullo das cuotas co que logrou facerse antidemocráticamente co Bloque coruñés para a U, vencendo con trampas a Henrique Tello e Mario López Rico. Menos mal que estes deron unha lección de dignidade e pundonor negándose a participar nuns órganos e unhas listas nacidas da desvergoña e o chanchullo.

Todo isto coñéceno perfectamente os persoeiros do Encontro Irmandiño que hoxe tomarán unha decisión crucial. Para min teño que a única solución viable para o futuro do nacionalismo de esquerdas é apartarse dos alucines mesiánicos e das maneiras facciosas da UPG. Do contrario, está garantizada a pervivencia das loitas intestinas.

E todos sabemos que o único que sae dos intestinos é merda. Pura e simple merda.


2012-02-12 12:16 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71279

Comentarios

portada | subir