ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¡Parabéns, Irmandiños!

¡Parabéns, Irmandiños!

2012-02-13 17:50:10+01



Polas vagoadas de Lemos van dez mil homes
ó mando do de Lanzós camiño da morte
rompendo o xugo de ferro do feudalismo
van dez mil homes
veñen de lonxe
os irmandiños, os irmandiños.

Saliron das Rias Baixas, de Lugo e Cruña
pasaron terras do Tambre, do Sil, do Ulla
beberon nas augas santas do rio Miño
Camiñan cara
de Ponferrada
os irmandiños, os irmandiños.

Galicia polo seu paso volve a ser ceibe
dos montes brancos do Bierzo xa vese a neve
os irmandiños avanzan polos camiños
traen a Galicia
paz e xusticia
os irmandiños, os irmandiños.

Cabalo lévame xunto ó Conde de Lemos
o sangue deste tirano que verter temos
“Dádeme un bolo de pan e un pouco de viño"
Así falaban
cando pasaban
os irmandiños, os irmandiños.

Alonso Lanzós cabalga con dez mil homes
irmaos contra a tirania, irmaos na morte
morreron onde se morren toxos e espiños
ceibes agora
no ceo folgan
os irmandiños, os irmandiños.

Na Terra Chá, no Caurel, na Serra de Meira
nas noites craras de xuño nas carballeiras
escóitanse como cantos de pelegrinos
mais non son cantos
que son os pasos
dos irmandiños, dos irmandiños.


2012-02-13 17:50 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71293

Comentarios

portada | subir