ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Preparando Elviña (mal que lles pese)

Preparando Elviña (mal que lles pese)

2012-06-07 01:05:50+02

Esta mañán retomamos os traballos arqueolóxicos de campo no Castro de Elviña, encetando a preparación da escavación que desenvolveremos neste verán. En concreto, fixemos un barrido intensivo con GPR (Ground Penetrating Radar) dunha das zonas a escavar, así como unha toma de puntos xeorreferenciados coas súas correspondentes cotas, a base de GPS (Global Positioning System) diferencial con precisión subcentimétrica. A rebandión high-tech, coma quen di. Xunto co láser 3D e a documentación por wifi con entrada directa no maquinillo central estamos na vangarda e imos coa performance dos triunfadores. Este ano, cun bo (no persoal e no profesional) equipo humán, escollido con todas as garantías, arrasamos.

Nas fotos, Javier ao GPS e Manuel ao GPR (os dous de Ingeniería Insitu):





Vaia adicado a Lucía Costa; María Rodríguez e Ángel Sánchez-Cendán; Begoña González, Ángeles Afuera, Rodolfo Irago, Isabel Bravo e Consuelo Bautista; Alexandre Gómez; María José Bravo, Begoña Bas, Emilio Domínguez e Roberto Tizón; José Nogueira e outros de menor cuantía. Porque fóstedes o mellor estímulo para vencermos o noxo, impedirmos a morte de Elviña, remontarmos todas as trampas, e estarmos aquí de novo a pesares de vós, mal que vos pese.

Eadem mutata resurgo. ¡Estamos en marcha e imos a por todas!


2012-06-07 01:05 | 2 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71936

Comentarios

1
De: Patinho Fecha: 2012-06-07 17:05

Estaremos atentos ás novas.
¡Ánimo!



2
De: Anónimo Fecha: 2012-06-08 15:46

¡Gracias, Patinho!



portada | subir