ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > O morro de algúns a conta de Elviña

O morro de algúns a conta de Elviña

2012-06-09 19:00:04+02

Un non deixa de sorprenderse co morro que algúns lle botan á vida. Hoxe tocoume vía Elviña. Un individuo, Alexandre Gómez, atribúese no seu ¿curriculum? ter sido Técnico Arqueólogo no Concello da Coruña durante cinco meses, de xaneiro a maio de 2009.

Como en canto vexa isto modificará a páxina, como é comportamento habitual desta especie de mentirosos cada vez máis abundante, pego un pantallazo en proba do dito:

Menudo morro que ten o González-Dopeso.

Ben, pois non é certo. Dista moito de ser certo. De feito é mentira. Unha enorme mentira, na que Alexandre Gómez González-Dopeso di o contrario do que sabe, pensa e sinte, con aberta intención de enganar.

Alexandre Gómez González-Dopeso nunca estivo contratado como Técnico Arqueólogo polo Concello da Coruña. De feito, nunca estivo contratado polo Concello da Coruña. De modo que a mentira é doble:

- Entre xaneiro e maio de 2009, Alejandro Gómez González-Dopeso estivo actuando como Auxiliar de Arqueoloxía (que é o equivalente a un peón especialista, nunca a un arqueólogo) no Castro de Elviña, nunha escavación da que fun director. Podo afirmar que o seu traballo foi lamentable, e que afortunadamente puiden frenar a tempo a destrucción de importantes partes do xacemento que estaba a perpetrar.

- Nesa actuación como Auxiliar de Arqueoloxía, que non como Técnico Arqueólogo, estivo contratado por unha empresa particular, non polo Concello da Coruña, que foi a adxudicataria dun contrato de "Escavación e transporte de escombros".

Por Elviña pasaron moitos Técnicos Arqueólogos, mellores e peores, voluntarios gratuitos, contratados polo Concello e contratados por empresas. O certo é que, prácticamente coa única excepción dunha arqueóloga, os técnicos sempre deron un nivel cando menos aceptable, e moitos deles un nivel magnífico de certo envidiable. Non é o caso do autor da fantasmada da que falamos. E non hai dereito a que pretenda compartir podium cos que realmente son merecedores de honra e aplauso.

E iso é o que hai. A min dame noxo ver cómo hai persoas que non saben vivir fóra da mentira. Pero coa que está a caer non queda outra que aprender a vivir co noxo, ¿nonsí?


2012-06-09 19:00 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71948

Comentarios

portada | subir