ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Julio 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Castro de Elviña: un aplauso á Dirección Xeral de Patrimonio

Castro de Elviña: un aplauso á Dirección Xeral de Patrimonio

Ben sabe Deus que de sempre fun crítico coa Dirección Xeral do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia, mesmo cando no seu seo formei dende cero o Servicio de Arqueoloxía, vai xa para tres décadas. A crítica non é só un dereito, se non un deber social. Só cunha continua e constante crítica, a pesares dos malestares que nos poida traer, é posibel contribuir a que as cousas melloren. Os omnipelotas, que abondan como é ben sabido, só sirven para entorpecer, para impedir o avance, para a autocomplacencia do poderoso e, evidentemente, para o medre persoal do trepa de turno. Pero socialmente son uns parásitos perxudiciais.

Para que a crítica resulte lexítima debe cumplir cando menos dúas condicións:

(1) que comece por un mesmo, que se basee nunha dura autocrítica, e

(2) que vaia acompañada do aplauso cando este é merecido. Non é xusto falar só para criticar o malo e gardarse as verbas cando as actuacións son boas. Só quen aplaude cando cómpre facelo está lexitimado para patear cando o pateo é merecido.

Hoxe toca aplicar a (2), e ben que me aleda facelo. Mesmo con retraso: hai case un mes que debín ter escrito esta entrada, pero diversas circunstancias impedíronmo. Vaia agora e descúlpese a tardanza.

Máis que contar, abonda con transcribir a Resolución do Director Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O fundamental di, en vaciado literal:

"RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL POLA QUE SE AUTORIZA A REALIZACIÓN DUNHA ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE ELVIÑA (CONCELLO DA CORUÑA)

Antecedentes


1.- Con data 6 de xuño de 2012, o Concello da Coruña presenta a solicitude de autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización da actividade arqueolóxica que se describe como sigue:
  • Título do proxecto: Escavación arqueolóxica no Castro de Elviña. Campaña 2011.
  • Arqueólogo solicitante: D. José María Bello Diéguez
  • Autor do proxecto: D. José María Bello Diéguez
  • Promove: Concello da Coruña


    2.- Con data 20 de xuño de 2012, logo do exame do proxecto de referencia, o Servizo de Arqueoloxía emite o correspondente informe.

    [...]

    RESOLVO:

    1.- Autorizar a D. José María Bello Diéguez, na súa cualidade de arqueólogo solicitante, para a realización dunha Escavación arqueolóxica no Castro de Elviña (A Coruña), que se clasifica como actividade de conservación e revalorización do patrimonio. O tempo de execución será de 66 xornadas.

    [...]

    Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

    O director xeral do Patrimonio Cultural
    José Manuel Rey Pichel.
    "

    Esta Resolución foime notificada polo Xefe de Servicio de Arqueoloxía, D. Eugenio Rodríguez Puentes, en escrito asinado o 26 de xuño, e que ten data de saída do 29 de xuño de 2012.

    ¡TODO EN 23 DÍAS, MENOS DUN MES, APENAS TRES SEMANAS! A celeridade é realmente encomiable, máxime cando estabamos acostumbrados ao contrario, a prazos moito máis longos, que en ocasións ata rebasaban con creces os máximos legais.

    Agradecemento por tanto, e felicitacións de corazón, ao Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia e ao seu Xefe D. Eugenio Rodríguez Puentes en representación de todos, e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e ao seu Director Xeral D. Xosé Manuel Rey Pichel. Por tratarse ademais de persoas queridas, a satisfacción é doble.

    Non sei se a Xunta foi tamén obxecto de presións espurias como o foron políticos e funcionarios do Concello de Coruña a fin de que se me apartase de Elviña e do Museo Arqueolóxico. Se o foron, é de felicitalos ademais pola súa valentía ao resistir ditas presións, facendo primar a xustiza e a legalidade sobre os intereses persoais. Non se pode dicir o mesmo, tristemente, de todos os políticos e de todos os funcionarios do Concello coruñés.

    En calquera caso esta Resolución supón o definitivo final dun longo período caracterizado pola insensatez, polo acoso laboral e moral contra a miña persoa e contra o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, polo emprego de medios espurios para lograr fines particulares ou de partido, polo despilfarro dos fondos públicos adicados a Elviña, pola transixencia descarada coa incapacidade, o boicot e a negativa a traballar de determinadas persoas políticamente enchufadas, pola cobarde perversidade do comportamento da CIG, polos falsos testimonios de nenos ben que despois de seren enchufados pola súa mamá engordan os seus curricula con falsedades laborais, polo fraude e o roubo intelectual, pola traizón, e por tantas cousas máis que non poden ser máis noxentas. Todo moi deleznable, vive dios.

    De todo elo, da conxunción premeditada de todo o anterior, saímos victoriosos. O Museo, coa entrada, despois da marcha de Begoña Bas, dunha Técnico realmente profesional, Ana Martínez, e a colaboración de pesos pesados como os doctores Alfredo Vigo Trasancos ou Rosa Brañas Abad, xa quedara sobradamente normalizado. Agora, con esta Resolución, queda definitivamente normalizado o Castro de Elviña.

    E morra o conto: a partires de agora voltamos ao importante.

    Licencia de Creative Commons


    2012-07-23 14:08 | 0 Comentarios


    Referencias (TrackBacks)

    URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72139

    Comentarios

    Nombre
    Correo-e
    URL
    Dirección IP: 54.198.147.221 (76ed84d902)
    Comentario

    portada | subir