ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Junio 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > O Castro de Elviña en La Opinión: seguimos adiante

O Castro de Elviña en La Opinión: seguimos adiante


Hoxe é o diario La Opinión quen adica prácticamente unha páxina a dar a coñecer a próxima, cáseque inminente, campaña de escavacións arqueolóxicas no Castro de Elviña.

Nun documentado artigo asinado por Viviana Burón sinálanse os obxectivos da actuación: estudar unha nova parte da muralla exterior (na que previamente, como saben os lectores destas páxinas, xa se fixeron estudos con xeorradar coa colaboración da empresa Insitu), tentar de comprender a estructura circular exterior ao castro que José María Luengo daba como unha mámoa megalítica, e, se houber tempo e cartos, unir as dúas zonas escavadas extramuros da croa por Luengo e por nós.

Non oculta o diario a autoría do proxecto nin o seu orzamento, a cargo do Ministerio de Fomento e do Concello da Coruña, promotor, a través da Concellería de Cultura e do Museo Arqueolóxico e Histórico que dela depende, das actuacións sobre o Castro de Elviña que se artellan no chamado Proxecto Artabria.

Gracias, La Opinión. Sodes todo un exemplo. Mágoa que algún que outro medio, que no seu día foi fundamental e que hoxe está a derivar progresivamente cara ao escándalo, morbo e amarelismo mesmo a costa de retorcer a verdade, nin estea nin se lle espere. No fondo é cuestión de falla de cultura: mentres uns ven en Elviña un poboado das poboacións antigas, outros(/as) non pasan de ver bragas. Certo é que en Elviña sempre medraron as lavandeiras que coidaban da limpeza da roupa das señoritingas. Pero xa vai sendo tempo de que a cousa cambie e cada quén se encargue das súas suciedades, ¿nonsí?

O Castro de Elviña será de toda Coruña ou non será. Non é un proxecto fácil, nunca o foi. Se se quere que saia adiante é necesario o esforzo de todos. É mágoa que haxa xente ruin adicada en corpo e alma a poñer paos nas rodas e botar pedras nos engranaxes. Pero iso é sempre así: é necesario pasar por riba dela e mirar o futuro con ilusión e con entusiasmo.

Cousas como esta axudan. ¡A seguir informando!


2012-07-25 20:26 | 6 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72152

Comentarios

1
De: Brigantinus Fecha: 2012-07-25 22:36

Noraboa. Sobre os xornais, o de sempre: algúns informan, e outros falan dos "pararraios dos Picapedra".



2
De: Anónimo Fecha: 2012-07-29 14:39

Gracias, Brigantinus. ¿Cándo caes por aquí? A ver se este ano nos vemos, xa che contarei por qué non foi posible o ano pasado, que non é cousa de andar pregonando estas cousas pola rede.



3
De: Brigantinus Fecha: 2012-07-31 00:06

Pois nun par de días estou aí... que teño ganas de ver a planta baixa do Museo.



4
De: Brigantinus Fecha: 2012-07-31 00:09

Por certo, nunhas horas, excursión a terras avulenses. Obxectivo: na vella Vettonia, ao pé da serra de Gredos, o castro de El Raso de Candeleda. O vicio non se da quitado do corpo ;-)



5
De: Bea Fecha: 2012-07-31 18:52

No sé si te acuerda de mí, Bea, estuve los dos primeros años excavando en Elviña, os dí una conferencia sobre los vettones. ¿Cómo va todo por ahí?.



6
De: Brigantinus Fecha: 2012-08-06 11:09

Hombre, Bea, claro que me acuerdo... ¿Cómo estás? Sobre Elviña, quien mejor te puede responder es el propio Bello. Yo llevo algunos años residiendo en Extremadura por motivos profesionales.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.148.176 (f70556e5eb)
Comentario

portada | subir