ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Vimos de moi lonxe e temos un mundo que gañar (nós, os comunistas)

Vimos de moi lonxe e temos un mundo que gañar (nós, os comunistas)

2012-08-04 15:51:05+02

"Vimos dunhas tradicións que foron traizoadas moitas veces, derrotadas en máis dunha ocasión, pero que seguen vivas. Vimos da tradición do socialismo, un termo que inventaron os traballadores de comezos do século XIX para definir a súa aspiración a unha sociedade máis igualitaria e máis xusta, e que foi despois prostituído ata extremos de vergoña. Vimos da tradición do comunismo, que era no fondo a mesma cousa, redefinida contra os que a finais do século XIX comezaban a acomodarse ao reformismo parlamentario. Pero vimos tamén das tradicións do movemento obreiro e do federalismo popular españois.

"Somos fillos da Comune e da revolución de outubro en Petrogrado, dos que combatiron pola libertade de todos na Guerra Civil española, dos que conseguiron a grande victoria colectiva sobre o fascismo internacional en 1945 e dos que loitaron polas nosas libertades na negra noite do franquismo".

Josep Fontana (2009), Los comunistas en el final de la dictadura, Nosotros los comunistas, Fundación de Estudios Marxistas, p. 417.

¿Podese dicir mellor en menos verbas?

Pero o importante, o verdadeiramente imprescindible, é...

"... estarmos seguros de que non abandonamos os valores daqueis combates que paga a pena conservar para que poidamos voltar construir entre todos unha bagaxe de esperanzas colectivas capaz de movilizar de novo a todos aqueles que, como se dixo en 1848, teñen aínda 'un mundo que gañar'

Ibid., p. 418.


2012-08-04 15:51 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72206

Comentarios

portada | subir