ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Noviembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > A Torre de Hércules: o Misterio máis difícil

A Torre de Hércules: o Misterio máis difícil

Anda estes días a se celebrar un ciclo de charlas sobre a Torre de Hércules. No Diario Afónico do domingo, un magnífico periodista, Rodri García, a quen coñezo dende hai moitos anos e que me merece toda confianza profesional ademáis de agarimo persoal, fai un resumo da visita guiada ao monumento dirixida polos colegas Felipe Senén López e Xoan Naveiro. Falando do que contou o segundo, o amigo Rodri García di (tomado da edición dixital):

cita de naveiro torre en la voz
A frase entrecomillada, "se habla de cocina pero no hay restos de fuego", é unha estupidez das gordas. E velaí o misterio: nin Naveiro nin Rodri teñen nada de estúpidos. Non resulta crible que Xoan Naveiro dixera tal sandez. Pero Rodri García é persoa cunha enorme capacidade de entender as cousas á primeira, e nada proclive a inventar. Dou fe por experiencia de que é dos xornalistaa de maior intelixencia e obxectividade á hora de plasmar o que se di en entrevistas ou de descreber acontecementos.

As cociñas do vello castelo no que se convirtira a Torre durante a Idade Media, situada no exterior do edificio como era de rigor nas fortalezas medievais polo risco de incendios, púxose ao descuberto durante as excavacións arqueolóxicas, de trece meses de duración, que tiven a honra de codirixir xunto con Luis Caballero Zoreda. Os abondantísimos restos de cerámicas de cociña así como os detritus de materia orgánica (ósos, espiñas, cunchas...) acumulados sobre o chan interior da estancia (a hixiene non era particularmente estricta), así como, sobre todo, a presencia de fogares, perfectamente visibles hoxe, algún deles mesmo con restos da borralla ao seu carón, non deixan dúbida acerca da función do habitáculo. En canto aos restos de lume, non é que os haxa: é que cubrían por completo a superficie escavada, non só polo uso como cociña, se non polos dous sucesivos incendios sufridos pola edificación adosada á propia Torre. De modo que por restos de lume non é.

É certo, se a memoria non me engana, que Xoan Naveiro non visitou a escavación durante o seu desenvolvemento (ben podo estar errado, a miña memoria non é o que era) nin manifestou con posterioridade interese ningún polos materiais exhumados. Pero Naveiro é arqueólogo competente e de sempre estivo actualizado nas publicacións referentes ao mundo romano en Galicia, no que é indiscutible especialista. Os achados da Torre están suficientemente publicados, mesmo nunha das anteriores entradas deste blog. Os niveis medievais, aos que se refire a frase de tan difícil hermenéutica, foron tamén pormenorizados nun Congreso Internacional organizado polo Museo de Arqueoloxía de Vilalba hai uns anos; velaí a comunicación que presentamos en traballo conxunto con Jorge Sanjurjo e Daniel Fernández, daquela os dous no Instituto Universitario de Xeoloxía que dirixe o profesor Juan Ramón Vidal Romaní:


 



Open publication - Free publishing - More 14c

 

Unha versión do mesmo artículo, directamente na web pero coas imaxes en mellor tamaño e sobre todo a plena cór, está albergado en Terrae Antiqvae; nas fotografías aprécianse perfectamente as capas negras de madeira queimada das que, ademáis, obtivemos as datacións por 14C que permitiron datarmos con precisión os avatares da cociña medieval e comparar as datas obtidas coas proporcinadas por Termoluminiscencia e Luminiscencia de Estimulación Óptica, procedementos novedosos en Galicia que foron experimentados con éxito no traballo interdisciplinar máis arriba enlazado.

A Torre de Hércules segue a dar luz, non só sobre o mar, se non tamén sobre a ciencia e a tecnoloxía de avangarda. Mágoa que quen máis interesados deberían estar nin se cosquen. Pero a iso xa estamos acostumbrados.

E ata aquí chegamos. O Misterio da Torre é imposible de resolver: nin Xoan Naveiro nin Rodri García puideron dicir esa estupidez. Con razón dicía Schiller que "contra a estupidez, os propios deuses loitan en van". Haberá que botarlle a culpa a Gerión. E que sexa con saúde e os pés quentes. 

 


 


2012-11-28 01:31 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72689

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.187.45 (ba3e760b46)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?

portada | subir