ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Octubre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
29 30 31        

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Enrique Molist, Marx, Samaín, Magostos

Enrique Molist, Marx, Samaín, Magostos

Recuperado do 3 de novembro de 2012, ás 13:31, durante a caída de Blogalia.

Leo na prensa a morte de Enrique Molist, vello amigo. Falan do Molist libreiro, actividade á que adicou toda a vida. Falan mesmo do Molist pintor, afeción dos últimos anos. Pero non falan do que Molist levaba máis fondo, o que dirixía o resto da súa vida: Molist era comunista. Profundamente comunista. ¡Arriba, parias da terra, Enrique! Ti, que non eras un paria, estiveches sempre con eles.

Escoito a Tito Concheiro falar dos magostos. Vibrante, amplo, entusiasta. Di que o mundo de hoxe é ateo e materialista histórico. Erro de bulto. Non sabe Tito ata qué punto a xente cre na trascendencia. De ateo nada de nada. Tamén discrepo de Tito nese intento seu de contemporizar con todos na peculiar e nociva equidistancia, neste caso con Radio Coruña-Cadea SER, emisora que está a alcanzar as máximas cotas de pataconeirismo da súa pataconeira historia.

Di Tito que os magostos son o noso auténtico Samaín. Pois non: o Samaín é un invento que non ten máis dunha década. É puro celtismo hortera de palleiro.

En Galicia non houbo Samaín ata hai uns poucos anos. O Samaín de feito non existe en ningures. Hoxe non é unha festa celta, é un timo postmoderno. Pura pseudoarqueoloxía, pura pseudoantropoloxía.

O Samaín en Galicia é unha falsedade histórica, unha mentira lucrativa. Sen máis.


2012-12-07 13:39 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72719

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.33.246 (b58d9776cb)
Comentario

portada | subir