ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Septiembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Foise o Pose

Foise o Pose

Recuperado do 5 de novembro de 2012, ás 10:20, durante a caída de Blogalia.

Deron os abecedarios a nova da túa morte, e desta vez era verdade. Foise José Manuel Pose Mesura.

Fala a prensa, corto e pobre, da biografía política do Pose. Algúns tamén fan referencia á militancia sindical. Menos, citan o seu traballo como profesor e a súa unión con Ana Romero Masiá. Pero ata agora non vin ningún que fixera a menor alusión ao Pose arqueólogo e historiador, nin sobre todo ao Pose persoa, magnífica persoa, namourada do mar, dos barcos e da pesca no seu lugar natal de Barizo.

Fixémonos amigos en Vilalba, nos primeiros 70, escavando nos abrigos da Pena Grande e do Carrizo, baixo dirección do Coco (chamado ás veces José Manuel Vázquez Varela) e de José Ramil Soneira ("comede, fillos, comede, que paga o Padre Sarmiento, que é un padrazo"). Dende entón mantivemos a amizade, acrescentada durante a participación de Ana Romero nas escavacións de Dombate en 1988.

Os dous, Ana Romero e José Manuel Pose, redactaron varios libros. Un deles convertiuse nun clásico, según convén ao seu nome: Galicia nos textos clásicos. Foi publicado polo Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, co nº 3 da colección Monografías, no ano 1987. Leva xa moito tempo completamente esgotado.

En varias ocasións falamos do interese de reeditalo, convenientemente revisado e ampliado. Non foi posible. O tempo escaseaba, a adicación do Pose á política no PSdeG-PSOE e ao mundo sindical na FETE-UGT era cada vez máis absorbente, deixaran a arqueoloxía máis ben decepcionados cos poderes públicos despois de máis dunha ducia de anos levantando e mantendo o Castro da Cidade de Borneiro cáseque en solitario, e Ana xa andaba metida noutras faenas da Historia Contemporánea. Finalmente o Museo quedou sen fondos para publicacións, non pola crise se non pola incuria.

Cecais a mellor homenaxe urxente que lle podo facer ao Pose é pór a disposición pública ese libro esgotado, tan querido por el, tan útil, tan citado: Galicia nos textos clásicos. Vai por ti, Pose.

Sit tibi terra levis.


Open publication - Free publishing - More clasicos


2012-12-07 14:01 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72721

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.58.187 (8dff601c5f)
Comentario

portada | subir