ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Septiembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > E vaise tamén Fausto Galdo

E vaise tamén Fausto Galdo

Recuperado do 5 de novembro de 2012, ás 20:37, durante a caída de Blogalia.

Acabo de enterarme por Cristobo Ramírez de que esta tarde morreu Fausto Galdo. Un novo disgusto. Ainda non recuperado do pasamento de Pose Mesura,tornaa sombra a vir, calada, non sen eu a sentir, facendo que o mundo sexa máis escuro e máis mezquino. As ánimas en pena non queren voltar á tumba despois da noite de defuntos. Bule a Santa Compaña levando aos mellores.

-¿Quién me habla? ¿Sois voces del otro mundo? ¿Sois almas en pena, o sois hijos de puta?, espetoulles don Juan Manuel de Montenegro ás voces e luminarias que perturbaron o seu cabalgar de borracho no comezo de Romance de Lobos. E espantounas.

Foron Manito e Arsenio Iglesias quen me presentaron a Fausto Galdo na primeira reunión da Directiva do Instituto de Estudos "Torre de Hércules". Máis tarde tiven o pracer de acompañalos nunha detida visita á Torre, e dende entón a nosa relación foi fluida, boa e cordial. Foron moitas as reunións de traballo e unhas cantas as ceas que compartimos. Estivemos xuntos cando a morte de Manito (e do Instituto Torre de Hércules), e foi Fausto quen me presentou á muller e a filla daquel. Gustoulle o breve que escribín entón para un periódico que ainda non se afogara na inmundicia.

Nada podo facer máis que apretar os puños e aguantar a dor de ver o futuro convertido en lembranza.

Dubido que nas necrolóxicas que falarán, como cómpre, da súa carreira de reumatólogo e da súa divertida faceta como gourmet, os redactores lembren esa presencia de Fausto Galdo, gran amigo de Manito, no Instituto que este creou e que morreu con el. Por iso, vaia como homenaxe a Fausto, compañeiro de fatigas no empeño de incluir á Torre na lista do Patrimonio Mundial, o meu último artigo acerca dela.

Sit tibi terra levis.



Open publication - Free publishing - More brigantium


 


2012-12-07 14:31 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72722

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.58.187 (8dff601c5f)
Comentario

portada | subir