ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Octubre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
29 30 31        

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > 25 anos de Dombate: a miña homenaxe 2

25 anos de Dombate: a miña homenaxe 2

A miña homenaxe aos que o fixeron posible:

O primeiro equipo de consolidación e restauro.

Ao deixarmos ao descuberto, na campaña de 1988, as pinturas do monumento, que abranguían a totalidade das lousas da cámara e do corredor, prantexóusenos de inmediato a dificultade técnica da súa conservación a fin de que puideran seren contempladas polos cidadáns (mágoa que os máis que incorrectos criterios aplicados na solución que arbitrariamente impuxo o poder da Administración, que nin aprobamos entón nin aprobamos agora, impidan que o público vexa as pinturas orixinais, sustituidas por unha réplica fóra de contexto e carente tanto de significado científico como de emotividade: para esa triste e pobre viaxe non facían falla alforxas nin costosísimos alardes arquitectónicos fóra de lugar).

A fin de enfocar dun xeito correcto a difícil problemática que se abría co inesperado achado, a Diputación da Coruña aceptou correr cos gastos dunha reunión de urxencia, coordinada polo entón Director do Museo de Belas Artes da Coruña, Félix de la Fuente Andrés. Os mellores expertos en tratamento de pinturas murais e de restos prehistóricos afrontaron de bo grado as dificultades e incomodidades e trasladáronse unha fin se semá a Dombate, onde tiveron lugar intensas e longas reunións e estudos de campo que abrangueron tamén o dolmen de Pedra Cuberta, xa publicado no seu momento por Georg Leisner.

Deses traballos de campo, desas reunións e desas discusións saíron as pautas e criterios fundamentais que posteriormente foron desenvolvidos e executados por profesionais e empresas do sector.

Todos estes profesionais do primeiro equipo, fundamental para a salvación das pinturas, prestaron a súa actuación de xeito voluntario e gratuito. É de xustiza, non cumprida ata hoxe, que esta xente xenerosa sexa recoñecida. Vaia para eles o noso agradecemento e a nosa homenaxe:

dombate88 grupo conservación e restauro

De esquerda a dereita: Carmen del Valle, María Sanz, Félix de la Fuente, Ignasi Millet, Carmelo Fdez. Ibáñez, José María Bello, Fernando Cebrián.



2013-01-01 20:50 | 3 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72824

Comentarios

1
De: Patinho Fecha: 2013-01-02 11:24

Grazas por ilustrarnos.
Dígolle o mesmo ca no anterior post: Con permiso o subo ó meu blog de Dombate: http://dombate-patinho.blogspot.com.es/



2
De: Quotidianum Fecha: 2013-01-03 22:29

¡Pouco teño eu que ilustrarlle, don Patiño! Pero por suposto é todo seu. Copyleft ou Creative Commons que lle din :-) En en canto poida paso polo blog. Se en algo podo axudar non ten máis que dicilo. Unha aperta, Patinho, e que o ano que entra nos colla confesados!!!



3
De: Patinho Fecha: 2013-03-25 17:04

Grazas, mestre.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.33.246 (b58d9776cb)
Comentario

portada | subir