ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > ¿Non é un pouco cedo para entrarmos no mito?

¿Non é un pouco cedo para entrarmos no mito?

 A edición de hoxe de La Voz de Galicia ven acompañada dun póster-monográfico da Torre de Hércules. Moita boa xente nos participantes: fotos de Manuel Marras (o grande póster central), Kopa, César Quián, Sandra Alonso e, sorpresa, Janet González Valdés, de Aéreas Imagen, que tantas e tan boas fotos aèreas nos ten feito, xunto con Carlos, no Castro de Elviña.

torre cristobo poster páxina ANCHA CON CUADRADO

torre cristobo poster recorte

O texto, cómo non, do amigo Cristobo Ramírez; tan bo e vello amigo que xa me mete no tempo ahistórico do mito, e velaí me teñen compartindo lenda con Breogán, Gerión e Hércules. Un, que nunca pretendeu nin facer patria (¡qué lástima que yo no tenga una patria!), de repente se atopa facendo Olimpo. ¡Manda carallo!

Ou, se o prefiren, acompañando a grandes nomes da Historia, como Gaio Sevio Lupo, o arquitecto lusitano, ou Alfonso X o Sabio, ou mesmo o inxeñeiro Eustaquio Giannini, que tan boas obras nos legou feitas en pedra ou en papel e pluma. 

¡Ai, Cristobo! Non teño eu categoría para compartir esa mesa na que con máis xustiza estaría Josep Cornide ou, se queres, o bo de Manito, ao que debemos, máis que a ningún outro, o recoñecemento da Torre como Patrimonio Mundial.

Pero non vou negar que, ao verme nesa compaña de lenda e historia, subiume pola médula unha calor reconfortante, moi oportuna despois de tanto tempo difícil por fas ou por nefas.

Nin son o monstro co que hai quen me difama, nin son o fenómeno da arqueoloxía a piques de entrar na lenda. Os meus méritos e deméritos terei, e ben certo é que hai quen me quere e quen me odia, coma todo o mundo. Pero podo xurar e xuro que nada fóra do normal. O que sí é verdade é que podo pecar de orgullo por ter amigos da túa categoría, e que iso compensa de calumnias, sinsabores e paos que da a vida, ás veces máis fortes que todo o demáis xunto.

Moitas grazas, amigo.

(E non deixes de pinchar onde "¡que lástima que yo no tenga una patria!"; sae a voz de León Felipe recitando o seu propio poema, todo un luxo)


 


2013-01-15 20:47 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72896

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 107.20.120.65 (6a35924895)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?

portada | subir