ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > As escavacións do Castro de Elviña nos medios...

As escavacións do Castro de Elviña nos medios...

la voz reaxuste 130126 DETALLERESPOSTA GOBERNO A LOSADA 121030... aínda que mellor sería dicir "nun medio", La Voz de Galicia, porque nin en La Opinión nin en El Ideal Gallego atopamos novas do asunto, se ben o primeiro deles faise eco da denuncia de EU-Os Verdes acerca das deficiencias nas dotacións dos núcleos da parroquia de San Vicenzo.

En La Voz, nun bo artículo de Xosé V. Gago, ademáis de facer unha análise da complexa e difícil situación que están a vivir os barrios de Elviña e Elviña-Castro, dedícase un apartado final ao reaxuste presupostario da financiación das actuacións arqueolóxicas con cargo ao Convenio entre o Ministerio de Fomento e o Concello da Coruña a través do chamado 1% Cultural. A orixe da noticia está, segundo se di no artículo, na resposta do Goberno á pregunta do Senador D. Javier Losada de Azpiazu. Busqueina esta mañán coa axuda de San Google e atopeina á primeira: téñena aquí, e ademáis engado imaxe da mesma.

Mesmo que a resposta do Goberno esté xa un tanto resesa (está asinada o 24 de outubro de 2012, con entrada no Senado o 30 do mesmo mes), a noticia parece estar no feito de que o Goberno Local confirme o seu interese na reactivación da escavación arqueolóxica, frente ao que foi a actitude da anterior concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, durante a segunda metade do seu mandato. De certo que é unha boa nova para toda a cidade. Parabéns, xa que logo, ao Goberno Municipal. Non teño dúbidas de que a reactivación, do interese polo Castro e da escavación mesma, é un acerto que sintoniza cos sentimentos da maior parte, se non de todos, os cidadáns coruñeses e galegos.

Tamén é unha boa nova que este diario volva manifestar interese polas escavacións arqueolóxicas no Castro. Probablemente aos retrasos e ás dificultades actuais non sexan alleas as meteduras de pata, realmente asombrosas en medios de comunicación que todos tiñamos por serios, en relación coas falsas denuncias, cando non abertas calumnias, argalladas pola antiga arqueóloga e dúas anteriores axudantes de arqueoloxía integrantes do último equipo técnico, e asumidas no seu momento, sen a necesaria e obrigatoria comprobación de veracidade, por La Voz de Galicia e Radio Coruña-Cadena SER.

É certo que iso pasa nas mellores familias. Sen irmos máis lonxe, estes días coláronlle unha boa a El País coa falsa foto de Chávez. Nun e noutro caso, non souberon valorar quen é fiable e quen non o é. Pero El País, mesmo dunha maneira vergoñenta, tentou rectificar e cando menos recoñoceu o erro. Nada diso fixeron os nosos medios locáis. Cada quen ten a súa conciencia, profesional e da outra.

Pero por riba desas mezquindades, o que resulta positivo é que a arqueoloxía no Castro de Elviña volte a ter, ou pareza voltar a ter, o interese que de seu merece, que para calquera cabeza bempensante é maior que o das truculentas e rotundamente falsas historietas de bragas que, cando menos, resultan ser bastante porcas e certamente cheirentas. O Castro de Elviña é, ou debería ser, un pouquiño máis, e ata me atrevo a pensar que infinitamente máis, interesante. E nel a primaveira arrecende.

Nunca o Castro de Elviña as tivo tan de cara. Pero a maldita crise vaino ferir inevitablemente e, se non se pon toda a enerxía para evitalo, esa ferida será mortal. Para que o Castro de Elviña non volte caer outra vez máis nunha longa etapa de abandono de décadas, é necesario e urxente que todos poñamos todo da nosa parte. Agora, non mañá. Os medios tamén. Mesmo diría que os medios de maneira imprescindible, e que esa é unha obriga moral que teñen coa cidade.

Agora vostedes teñen a palabra. Poden usar o Castro como plataforma de periodismo amarelo, ou poden tomalo en serio e poñer da súa parte para que Coruña consiga ter un magnífico xacemento arqueolóxico visitable, ben escavado (con orgullo digo que as escavacións dirixidas por min foron calificadas polos técnicos do Ministerio de Cultura co adxectivo de "exemplares"), ben consolidado, elemento imprescindible na oferta educativa da cidade e centro dun espectacular parque urbano de natureza ben mantido.

Eu mantéñome onde sempre estiven: na rigurosidade, no estudo e no traballo, mesmo con risco persoal (a arqueoloxía honrada convertiuse nunha actividade de risco), polo Castro de Elviña, pola Torre de Hércules e polo Dolmen de Dombate. Malia as calumnias, malia as traicións, malia a enfermedade. 

Dombate e a Torre xa fican, mal que ben, resoltos, pero a Elviña aínda lle queda. Niso estamos, e niso espero andar mentras non fallen as forzas e a vida. Niso estamos malia o medo, malia o sangue, malia o camiñar do cangrexo. Malgrat la por, malgrat la sang, malgrat el caminar del cranc, que diría Pi de la SerraIgual que ahir. Coma onte. Coma sempre. 

E para que non digan que non falei das flores, róubolle verbas a Geraldo Valdré:

Vem, vamos embora
Que esperar não é saber
Quem sabe faz a hora
Não espera acontecer

Que sexa con saúde e pés quentes.


Licencia de Creative Commons


2013-01-26 15:54 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72947

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 107.20.120.65 (6a35924895)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?

portada | subir