ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Día das Debilidades Desarmadas

Día das Debilidades Desarmadas

Fecha 2005-05-29 19:05:15+02

Quero un Día das Debilidades Desarmadas.

Un día no que os cidadáns do común desfilen a ritmo de samba, sardana, chotis e pandeirada, un inmenso desfile de cidadáns agrupados en batallóns de empleados de banca, caxeiras de grandes superficies comerciais, dependentes de cortinglés, funcionarios, obreiros da construcción, vixiantes xurados, mareantes e modistillas, mentras o ar se enche de avións de papel feitos de cartas de amor e desamor, de envoltorios de bocata de chourizo, de fotos das ultimas vacacións, de anuncios de bricoking e de follas do diario oficial de galicia.

Un día de todos: hoxe non o foi.

A mín non me molan as bandeiras. Pero se é necesario, que parece que o é, que sexan cando menos de tres cores. Tamén valen as de moitas, sobre todo se traen no medio a palabra PACE; ou as de tódalas cores pasadas polo minipímer ata obter un blanco inmaculado, que ven se-lo mesmo.

Os curas e militares tamén poden vir, pero sen hisopos nin escopetas e de paisano.

Aos da Burla Negra
temos de invitalos
e aos tipos da Xunta
¡HAI QUE BOTALOS!


2005-05-29 19:05 | 8 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/30190

Comentarios

1
De: Sr. Spock Fecha: 2005-05-29 19:44

qué día más bonito!

:D



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-29 19:44

Eu quero tamén un día deses.



3
De: Cesare Fecha: 2005-05-29 20:54

:)
Fólgome eu tamén dese día



4
De: Sanantón do Castelo Fecha: 2005-05-29 21:14

"¡Oh, benvinguts, passeu passeu,
de les tristors en farem fum.
A casa meva és casa vostra
si que hi ha cases d'algú".

Xa saben, calquera noite pode sai-lo sol. Todo é cuestió de facer que saia :-)



5
De: ElPez Fecha: 2005-05-29 21:35

Me apunto a la celebración, Pater!



6
De: Vendell Fecha: 2005-05-29 23:57

¿Un día? ¡Eu quero unha vida enteira de debilidades desarmadas!



7
De: Akin Fecha: 2005-05-30 20:53

Estou con Vendell.



8
De: Anónimo Fecha: 2005-06-08 18:12

demagogós, demagogós toos



portada | subir