ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Enero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Millón e medio

Millón e medio

2005-06-19 01:05:29+02

Estiven vendo a rogativa por televisión. Monxas con abanos, bispos con gorras, píos seglares con globos, todos a dicir que non teñen nada contra os maricóns, que están moi ben e son boa xentiña, pero que A Familia é outra cousa, A Familia é coma eles son, un home e unha muller que fan entrega mutua dos seus corpos e as suas almas e nace un fillo ou dous se son xemelos. Os seglares, digo, que as monxas e os bispos non van diso, elas e eles son doutra Familia, dunha Familia Mística fora do corpo, do espacio, do tempo e da calor.

Nas boas rogativas pápase calor, e papárono. As monxas, sempre obedientes, iban co traxe de faena. Os bispos non, foron disfrazados de civís. Acebes e Zaplana levaban camisas de manga larga, das de garavata, pero sen garavata. Moi fóra de lugar. Non estaban cómodos, está claro que a rua non lles senta nin siquera nas rogativas. Outra cousa son as procesións, que son de noite e con chaqué, pero as rogativas non son finas.

Despois subiu ao estrado, mentres A FAMILIA (tal rezaba un enorme telón pretendidamente elevado con globos) caía por sí mesma sen necesidade de leis, unha señora oronda cun nome raro, Cristina Sichilichi ou algo así, que mudou a mentira das armas de destrucción masiva por outra mentira masiva de armas de destrucción legal: "¡Somos más de un millón y medio!"

Pois non, señora Cristina. Os realizadores da televisión dos bispos tiveron bo cuidado de que non se visen planos xerais, pero escapóuselles unha toma desde arriba: a Porta do Sol non abarrotada e pouco mais. O cálculo é rápido: apenas unhas cen mil persoas no que se ve, e sendo xenerosos concedamos outro tanto no que non se ve. Total, entre cen e duascentas mil persoas. Non mais.

¿E para iso fixeron tanto ruido? ¿E para iso fixémoslles tanto caso? Qué birria de ultradereita, ademáis de trasnoitada, chapucera e incapaz. Polo menos podían ter inflado máis os globos.

Menudo fraude, coño.

Como se non souperan que, para Familia, os Corleone.

Eles son os bos
e nós somos malos.
Aos tipos da Xunta
¡Hai que botalos!


2005-06-19 01:05 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/30909

Comentarios

portada | subir