ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Enero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Comisión Técnica de Arqueoloxía

Comisión Técnica de Arqueoloxía

2005-08-13 13:07:59+02

Leo con envexa a noticia que publica hoxe o diario Levante de Valencia: o Consello Asesor de Arqueoloxía desa Comunidade Autónoma leva sen ser convocado dende 1997, despois de que dito Consello se manifestou críticamente contra as actuacións no teatro romano de Sagunto.

¿Por qué envexa? Porque aquí pasa o mesmo dende antes e os nosos medios nin se enteraron. Pasa o mesmo, e sen que mediara crítica algunha da Comisión Técnica de Arqueoloxía ás actuacións da Xunta. Necesitados de pista libre, en Galicia puxeron as vendas antes da ferida. E non lles foi mal, abofé. Tan pouco mal lles foi que ningún medio de comunicación, ningunha corporación, ningunha grande ou pequena empresa, falou públicamente, como agora fan en Valencia, da ausencia dese organismo obligatorio por Lei. Un organismo que, mesmo de carácter meramente consultivo, mesmo formado por persoas escollidas a dedo e non elexidas polos diferentes colectivos, tería sido un certo freno ao poder omnímodo de quenes dende a sombra manexaron os designios da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Certo é que aquí houbo sempre algunhas voces de arqueólogos que denunciaron a situación, con máis ou menos amplificación, sempre con menos, nunca con máis fortuna. Pero en Valencia hoxe, e de ahí a envexa, non son arqueólogos conscientes os que falan, senon un xornalista, un xornal. A sociedade civil, como quen di. A nosa, se é que existe, permanece muda.

Remata o artigo: "La catedrática Carmen Aranegui, preguntada por este diario, vinculó lo sucedido con este órgano con las dificultades de la arqueología en estos tiempos: «Está en manos de los que pagan, los que construyen.» Cultura, por su parte, aseguró ayer que, aunque el Consejo no se reúne, sí se consulta en alguna ocasión a algunos de los que eran sus miembros."

¿Non lles resulta coñecido?

"Quen paga, manda" é unha cantinela que se escoita demasiadas veces nos medios arqueolóxicos da terriña. Pois non, oiga: quen paga, paga e quen manda, manda. Paga quen ten cartos, e manda quen ten votos. E hai que facer que sexan mundos separados, mesmo estancos, porque nin é bo que os cartos manden, nin que os votos sirvan para facer cartos.

Para iso, transparencia e participación. Perestroika e Glasnost, como quen di. Pronto teremos novos responsables no mundo do Patrimonio Histórico. Entrarán sin un can nas arcas, pero co imponente capital de esperanza que moitos fomos acumulando para eles durante anos.

Hoxe, rematada onte a campaña deste ano en Elviña, estamos libres para mirar o futuro inmediato cun sorriso na alma.

Transparencia e participación. E a conquerir o futuro. Veña, colegas, con valentía: é voso. É noso.


2005-08-13 13:07 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/32289

Comentarios

1
De: ElTopoqueteTopa Fecha: 2005-09-30 04:12

¿Como vai Torquemada?
¿Xuntaste ya tu cosecha de capirotes y teas?



portada | subir