Señor San Antón, non creo que ninguén dixera que vostede non falou da Torre, digo eu.
E como pide suxestións entro para facer un comentario. Hai un escudo do século XVII que desde Murguía, vense adscribindo á Porta da Torre de Arriba. Creo que Murguía fai esta adscrición sen seguridade. Do patriarca pasou a Vaamonde Lores ("Un notable escudo de La Coruña"), e continuou o efecto bola de neve.
Teño unha colección de debuxos do século XIX, en fotocopia -que están á súa disposición- nos que un membro da familia de la Iglesia identifica ese escudo. Ensineille esas fotocopias un día a María Rosa Saurín de la Iglesia, e non lembro se me dixo que eran de man de Antonio ou Francisco María de la Iglesia. O certo é que un destes autores debuxa e identifica ese escudo como procedente do Hospital del Buen Suceso, e é curioso que o debuxa acompañado de outros dous, que para maior curiosidade atópanse na mesma casamata de ese castelo.
Isabel Martínez-Barbeito publicou pouco antes de falecer unha compilación dos artigos que publicara nos anos 60 en La Voz de Galicia. Falando do Hospital del Buen Suceso tamén chamado De la Quinta Angustia, e que como vostede coñece atopábase no solar ocupado hoxe polo Hospital Abente Lago, di Isabel Martínez-Barbeito:
"Suponemos que dado el ritmo que llevaba la obra, el Hospital del Buen Suceso se habrá rematado dentro del siguiente año de 1596, mas la carencia de documentación no nos ha permitido comprobarlo.
Encontramos nuevas referencias por el año 1602 relativas a esta fundación, y de ello nos ocuparemos el próximo día, pero dentro de 1595 hallamos esta curiosa noticia: que "se traslade en este libro la declaracion que se hizo por testimonio de la odvocacion que a de tener el dicho hospital y las letras que a tener los escudos de Armas de su magestad y de la Ciudad y del dicho Ares Gonzales fundador". ¿Qué pudo haber sido de tales piedras de armas?".
Martínez-Barbeito, Isabel: "El cerco de 1589, institución del Voto y dote para doncellas". En: La Voz de Galicia, 6-IV-1966.
Pregunta esta autora ¿onde estarán os escudos? Eu penso que son os debuxados no século XIX por un dos irmáns de la Iglesia na mesma lámina, e que hoxe atópanse na mesma casamata dese castelo: o de Ares González, fundador do hospital, o da "Súa Maxestade", e claro, o da cidade que nos ocupa.
|