ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Febrero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Dombate somos nós

Dombate somos nós

2008-02-05 12:17:48+01

Dombate non é un dolmen. É “o dolmen”. O de Pondal, o de Galicia, o de todos. A súa importancia transcende a xeración de coñecemento, a atracción de visitas de aquí e de acolá, para erguerse en símbolo de comunidade. Tódolos dólmenes foron marcadores de territorios e identificadores de sociedades. Dombate segue a selo.

Cando a Vella que Fía na Roca pousou no dolmen a cuberta mítica, non sabía que os herdeiros dos seus donos, miles de anos despois, ían facer oír a súa voz berrando a vontade de que Dombate non morra. É a proba de que o dolmen está vivo e de que para moitos significa máis que catro pedras que só preocupan a uns tolos, como tantas veces escoitamos cando o investigabamos hai xa vinte anos, qué vertixe.

Se a Torre de Hércules segue a ser faro despois de dous mil anos, Dombate segue a ser símbolo de unidade, de colectividade, de pobo, despois de case seis mil. Un símbolo así non pode morrer. Se morre, morremos tamén nós.

Por razóns non sei se de fígado ou de estómago, hai anos que non vou a Dombate. Non coñezo en detalle, xa que logo, cáles son os danos sufridos neste tempo de abandono. Hai erro en facerme dicir que son irreversibeis: nin o sei nin podo sabelo. É certo que é urxente velos e valoralos. Pero por grandes que sexan, o que quede seguirá a ser merecente de protección e presentación digna.

É certo tamén que hai nas administracións, abertas durante a desafortunada xestión da arqueoloxía do goberno autonómico anterior, vellas feridas que están a lastrar desencontros, os máis deles herdados. Pero hoxe os gobernos son outros, e cónstame de certo que as súas vontades están na mellor disposición. Teño confianza.

Hai ocasións nas que non valen desculpas. Nin de asuntos particulares, nin de vellas historias, nin de trámites, nin de facturas, nin de artigo sete-punto-un-ce-bis. Quen non dispoña da xenerosidade necesaria, quen non estea disposto a traballar sen límites, quen non advirta a urxencia da situación, que se bote a un lado e deixe paso, que non estorbe, que non enrede: xa non valen desculpas.

“Galicia debe tener amor propio y recuperar Dombate”, escribiu Pepe Ameixeiras hai uns días, e as súas verbas estremecéronme o corpo como un veleno provocador. Queda prometido, Ameixeiras: Dombate vaise salvar, ímolo salvar. A Deputación, a Xunta, ti, eu, todos. Vaino salvar Galicia.

Volveremos, despois de vinte absurdos anos, a un Dombate recuperado. Ímolo recuperar, entre todos, porque temos amor propio. E porque Dombate é máis que noso: Dombate somos nós.

(Publicado na Voz de Galicia o 5 de febreiro de 2008, Martes de Antroido)


2008-02-05 12:17 | 12 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/55342

Comentarios

1
De: Don J. Fecha: 2008-02-05 16:27

Vostede saberá desculpar a miña ignorancia, Sanantón do Castelo, pero vivir na periferia de Galiza é o que ten. Que lle pasa exactamente a o dolmen de Dombate? Hai pouco lía a unha veciña de Blogalia que se queixaba porque o dolmen ía ser enterrado como medida de conservación. Supoño eu que si se decidiu algo tan drástico é porque o monumento é asaltado un día si e outro tamén por hordas de vándalos, ou algo así.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-02-06 00:37

Como creador de manifestos vostede non ten prezo. Un artigo espléndido e rotundo, abofé que si.



3
De: Gorka Fecha: 2008-02-07 10:39

Aunque quizá no sea éste el foro adecuado, quiero recomendar a nuestro venerado santo que cuando tenga un momento dé un paseo por el x-présate de celtiberia, ya que estos últimos días se está hablando mucho en él de un Brujo que, aunque pagano, me consta que conoce.
Un saludo afectuoso.



4
De: Gorka Fecha: 2008-02-07 13:04

...mucho y, en algunos casos, emitiendo acusaciones graves.



5
De: Elpater Fecha: 2008-02-07 20:56

Lo sé, don Gorka. Es difícil luchar contra la delincuencia, sobre todo cuando los dueños y administradores de un portal le dan cancha. Pero no se preocupe. Por desgracia, no se propasará ;-)
Por lo demás, es un individuo tan desacreditado que cualquier ataque que haga no es más que propaganda positiva.
¡Y muchas gracias!



6
De: Gorka Fecha: 2008-02-07 22:40

No hay de qué, Pater. Estamos completamente de acuerdo en el nulo rigor científico que demuestran algunos por el mundo adelante (valía más que se dedicaran a sacrificar toros en Sta. Eulalia de Bóveda o, mejor aún, en el incomparable anfiteatro de Lugo).
Y, por favor, quíteme el don que me hace muy mayor (aunque el sobrenombre Acteón, por el que también se me conoce, nos retrotraiga a la Grecia Clásica).
Un fuerte abrazo:)



7
De: Elpater Fecha: 2008-02-07 23:08

¡Coño! Vaya sorpresa. Pero déjame que siga con lo de don Gorka, que me sale así y además queda muy solemne y eso. ¿Qué tal el cafetito con nuestro amigo itinerante?



8
De: Gorka Fecha: 2008-02-08 09:39

Muy bien. Sabrás que el chaval estuvo últimamente algo fastidiado, pero ya va sacando la cabeza a flote. En fin, los inconvenientes de estar en este mundillo en el que abundan las víboras.
Un abrazo.



9
De: Brigantinus Fecha: 2008-02-09 12:34

Saludos, pater:
Reitero la felicitación por lo de ayer.
Por cierto, no sé si le has echado un vistazo a la Voz hoy.
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/02/09/0003_6552159.htm
En la edición en papel se incluye una infografía... que indica que un viejo conocido sigue teniendo mucho predicamente en determinados sitios.



10
De: Elpater Fecha: 2008-02-12 03:04

Brigantinus, ¿a qué infografía te refieres? No acabo de verla.



11
De: Brigantinus Fecha: 2008-02-12 09:36

Me refiero a La Voz, ejemplar del sábado día 9, sección de Cultura, donde se da cuenta de la intención de la Xunta de construir un centro sobre la romanización en la ciudad.

Un plano de Lugo, señalando los lugares de mayor interés arqueológico e indicando las teorías de determinado conocido. De hecho, al pie de la infografía, se señala su web como fuente.
La infografía en cuestión no aparece en la edición digital.



12
De: Brigantinus Fecha: 2008-02-12 18:08

Concreto: página 50.



portada | subir