ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Intertextualización II (sin comentario)

Intertextualización II (sin comentario)

2008-07-19 03:23:25+02

Texto A (2002):
"Na escavación da praza de María Pita (NAVEIRO LÓPEZ 1988, 41; BELLO DIÉGUEZ 1991a, 74-76; 1994a, 52-53) únicamente se conservaron restos romanos nun pequeno sector da banda sur, o cal non quere dicir que, en orixe, as edificacións romanas puidesen estenderse por todo o ámbito da praza [NOTA Ó PÉ 208: Toda a metade norte fora rebaixada ata a rocha base, carecendo en consecuencia de calquera potencial arqueolóxico; a do sur, en cambio, estaba ocupada maioritariamente polo recinto defensivo do s. XVIII, masiva construcción que, sen dúbida, destruíu e fixo desaparecer calquera tipo de ocupación anterior].
Os vestixios consisten nunha edificación feita con muros de mampostería pétrea que presenta unha planta rectangular orientada E-O, interiormente compartimentada en alomenos tres espacios; o maior deles (unha estancia de aproximadamente 5 x 6,2 mts.) amosa restos dun pobre pavimento térreo, unha probable lareira de ladrillos na esquina SO (con burato de poste asociado) e máis unha curiosa "ppileta" de morteiro escavada no solo, indicios éstos que, sumados ó tipo e entiedade dos materiais atopados (muiño circular, pondera), denotan claramente unha funcionalidade doméstica e artesanal." [e segue así un bo anaco].

Referencia texto A:
Pérez Losada, F. (2002): Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos "aglomerados secundarios" romanos en Galicia. Brigantium, 13. A Coruña. Pp. 123 ss.

--------------------------------------

Texto B (2008):
"Praza de María Pita. Nesta escavación so se atoparon restos romanos nun pequeno sector da zona sul, o cal non quere dicir que, en orixe, as edificacións romanas non puideran estenderse por todo o ámbito da praza. Toda a metade norte foi rebaixada ata a rocha base (...), carecendo, xa que logo, de calquera potencial arqueolóxico; a sur, en cambio, estaba ocupada maioritariamente polo recinto defensivo do s. XVIII, masiva construcción que, sen dúbida, destruíu calquera tipo de ocupación anterior.
Os vestixios consisten nunha edificación feita con muros de cachotería que presenta unha planta rectangular orientada E-O, interiormente compartimentada en, ao menos, tres espacios; o maior deles (unha estancia de, aproximadamente, 5 x 6 metros) mostra restos dun pobre pavimento térreo, unha probable lareira de ladrillos na esquina SO (con burato de poste asociado) e máis unha curiosa pileta de morteiro escavada no chan, indicios estes que, sumados ao tipo e entidade dos materiais atopados (muiño circular, pondera), denotan, claramente, unha funcionalidade doméstica e artesanal." [e segue así un bo anaco]

Referencia texto B:
Vázquez Gómez, Xoan Luis (2008): Brigantium á luz da arqueoloxía. Férvedes, nº 5. Museo de Prehistoria de Vilalba. Vilalba, Lugo. Pp.355.

-------------------------------------

- No texto B, de 2008, non se fai a menor referencia ó texto A, de 2002, nin ó seu autor, convertido en inexistente.
- Na bibliografía do texto B, de 2008, non se fai a menor referencia ó texto A, de 2002, nin ó seu autor, convertido en inexistente.

-------------------------------------

Comentarios, se algún, os de vostedes, sempre presentes nas miñas oracións (ou cando menos no meu agarimo).


2008-07-19 03:23 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/58590

Comentarios

1
De: Teresa Fecha: 2008-07-19 10:09

Entiendo que el plagiario debe ser el dueño o capo de la revista en la que publica, cuando le publican esos plagios sin que los referees digan mú.
¡Vaya pájaro!

Y mis saludos al inexistente autor ... ;-))



portada | subir