ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Dous anos: Elviña, 9 de xuño de 2009

Dous anos: Elviña, 9 de xuño de 2009

2011-06-09 20:39:11+02

As capciosas preguntas de Ángeles Afuera ao futuro Alcalde coruñés fixéronme decatar de que, había onte dous anos, se producira en Elviña o intento de impedir a escavación, interrumpíndoa sine die coa que chamei "estratexia dos Controladores Aéreos". O certo é que o intento foi un fracaso e, tal día como hoxe (en realidade xa o mesmo 8 antes da hora de comer) a escavación estaba de novo en marcha.

O día 9 de xuño de 2009 tomei da miña man o Diario de escavacións, que ata entón estivera baixo a responsabilidade de Begoña González Afuera ata o 3 de xuño inclusive, e de María Rodríguez Rodríguez e Lucía Costa Súarez-Torga os días 4 e 5 de xuño. Bríndasenos, xa que logo, unha excelente oportunidade para que, quen así o desexe, poida ver o que pasou do outro lado da barreira, día a día, hai dous anos.

Transcribo, pois, o que di o Diario de escavacións do Castro de Elviña, escrito da miña man no 2009, tal día como hoxe:

----------------------------------
"O día 4-06-09 abandonan o diario sen previo aviso. Descúbroo o día 09-06-09. Hai quebranto e dano, por canto descoñécense os datos do realizado os días 4 e 5 de xuño. Tentarei recuperalo de fotos e debuxos. Retómase o día 09-06-2009.
[segue asinado autógrafo]

Día 9-06-2009

Os peóns non veñen polo mal tempo de onte (choivas fortes todo o día, imposible traballar, ademáis de que onte, sen avisar á Dirección Facultativa, as arqueólogas mandáronlles marchar nalgún momento da mañán. A ausencia de hoxe foi concertada onte pola tarde con C.C. da empresa adxudicataria, e non se factura.

Ás 9:00 o tempo é bo. Un novo fallo das previsións meteorolóxicas. É necesario porque as catas están convertidas en barro mollado imposible de escavar. Frío pero seco. É preciso deixalas secar antes de proceder á súa limpeza.

Actualizo fotos de UEs e pezas na base de dados. Reviso últimas siglas, e destaca_
- Na UE 14097 hai cerámicas finas de pasta laranxa, "de importación".
- Na UE 14053 hai un fragmento de pizarra con morteiro adherido.
- Na 14170, un frag. gris oscuro a torno con retícula bruñida en rombos.
- Na 14096, cerámicas laranxas e grises.
- Na 14170, un fondo con pé anular, laranxa.
- Na 14170, un borde gris grande.

Ordeno as fichas, e coloco o paquete da última revisión miña nos seus lugares. Levaban sen ordenarse dende o día 3 cando menos, co traballo interrumpido.

Comezo co intento de aclarar a situación dos debuxos:

[sigue relación dos debuxos que reviso]

Completo fichas cun dato fundamental que deixaran sen cubrir: a data de remate de escavación de UE. Tal como o deixaron, non hai forma de saber qué foi escavado e qué non foi, e por ende resulta imposible seguir a marcha da escavación. Sigo sen entender o porqué diso, e non espero xa entendelo.

Están finalizadas, xa escavadas (pásase á ficha e á base de datos):

[sigue relación de 32 UEs nas que faltaba o dato na ficha]

[seguen dúas follas con listados de revisión de debuxos]

Ao mediodía comeza a orballar, e vai collendo intensidade pola tarde. Foi imposible practicar coas estacións totais.

Mentres Mercedes e Laura continúan a lavar e fotografar rexistros e siglas, eu sigo revisando fichas e debuxos. Seguen a saír un montón de fallas e erros, como sempre, incluso moitos dos tres últimos días.

Pouco a pouco a cousa mellora e xa conseguín facer unha pequena lista de UEs para escavar.

Chamo á empresa adxudicataria para falar da conveniencia de enviar ou non mañá aos peóns. Coa choiva de agora mesmo é imposible traballar, e ainda que pare, os solos etarán mañá encharcados e sen posibilidades de traballar. C.C. concorda en que con este tempo mellor non intentalo. Quedamos en que decidirá él mañá pola mañán, según estea o tempo a primeira hora. Se chove ou amenaza choiva, os envía a outras obras.

Pola tarde debuxo en vectorial as UEs das que se tomaron puntos o 04-06-09 na estación Nikon, a saber:

[segue lista de UEs que se debuxan]

O resultado do día é bo para a escavación, pero demoledor para a moral: 28 fichas con erros sustanciais e/ou ausencia de datos importantes.

É certo que con traballo pódense corrixir os erros e encher os datos que faltan, pero ¡a qué precio! É realmente inhumán.

Xa na casa proceso as fotos de hoxe (materiais) e as coloco por carpetas e na base de datos.

O máis chamativo é un fragmento de vidro verde claro, rematado en moldura en tubo (1703), e un anaco de colo de posible botella de verniz vermello (1700). O restante, ademáis das eternas e torturantes tegulae e pizarras, algún fondo gris, cerámicas grises claras e laranxas.

Ás 21:00 chamo a Begoña, María e Lucía. Só responde María, que parece ir mellor. Axúdame coas UEs do "desnivel", que controlaba ela, e queda tranquila según di cando lle conto que non hai traballo cos obreiros.

[seguen dúas páxinas de comentarios e anotacións técnicas, e relacións de debuxos que se fan]

Paro de debuxar ao comezar a ter dificultades de visión, ante o risco de cometer erros. Son as 23:18 horas. Non me queixo: levo sen parar desde as 8:50, e xa antes traballara na casa desde as 7:30. Van case 16 horas de traballo. Realmente é inhumán, pero como levo así moito tempo xa estou afeito. O realmente inhumán é que gasto todo ese tempo en correxir erros e buscar datos que tiñan que estar nas fichas pero non están. A sensación de impotencia, de que a vida váiseme coma serrín entre os dedos, é forte e deprimente. Este esforzo, aplicado ao que tiña que ser, tería dado froitos. Así non é posible. ¡Fóra, depresión! Non teño tempo para deprimirme. Xa me pillarás cando me retire. Ten paciencia.

Cambio de tercio a ver se se distrae. Repenso unha vez máis a CLP (Cata Longa Plataforma). A terra que dobla no extremo SW do "pasillo" non pode ser 14099. Ten que ser 14069. Hai que probar, e cambiar todas as relacións, estudando as fotos. Agora non podo. Entrambas hai, en vertical, unha capa de cascotes á que hai que dar número. Mañán, que non teño aquí a lista. A secuencia será 14050=14063>14069>nova de cascotes>14099. Así a cousa queda máis sensata.


[segue unha folla de comentarios técnicos similares]

Non podo máis. Son as 12. Remato. Son máis de 16 horas de traballo sen parar nin a tomar un café. Dúas xornadas laborais nunha. ¡Xa está ben!"
----------------------------------

¿Trabállouse ou non se traballou en Elviña, Ángeles Afuera? No país irmán un sabio cantaba:

E assim se faz Portugal,
uns vão bem e outros mal




Pois en Elviña, o mesmo. ¿Traballouse, trabállase en Elviña? Uns sí, outros non. Uns ben, outros mal.

O que é certo, indudablemente certo, é o que tamén dicía o mesmo sabio na mesma copla:

Faz lá como tu quiseres
folha seca cai ao chão
Eu não quero o que tu queres,
que eu sou doutra condição
.


2011-06-09 20:39 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69871

Comentarios

portada | subir