ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Enero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > En Elviña trabállase: proba gráfica

En Elviña trabállase: proba gráfica

2011-06-11 20:19:08+02

Dicíalle eu o outro día a dona Ángeles Afuera que, frente á súa capciosa mentira de que os traballos en Elviña estaban paralizados, víame obrigado a afirmar que non era así, que en Elviña se traballou, se traballa e se traballará en tanto os poderes lexítimos, dos que dita señora non forma parte (se forma parte ou non dos poderes ilexítimos non é cousa miña, ela saberá), non decidan outra cousa. Dicíalle tamén que precisamente ese día subira eu ao Castro con motivo dunha reportaxe dirixida por Xan Neira, de Lingua Galega TV, e que coa mesma atopárame alí con Arantxa e Willy, arquitectos de DSÑ Arquitectura, Urbanismo e Deseño, que andaban a pulir o escaneado 3D das estructuras do xacemento.



E velaí a proba, dona: en preciosa foto de Arantxa Paz López, aí me ten en pleno traballo, sentado nas escaleiras do alxibe, explicándolle á Xan e á súa cámara o sistema constructivo da parede sur do monumento, construida en opus vittatum moi similar ao dos panos interiores da Torre de Hércules, o que, tendo en conta ademais o que sabemos das outras construccións da parte do Castro no que se asenta, blablablabla. E rollo teño un rato ben longo. ¿A que mola?

Pídolle perdón a Arantxa por usar a foto sen o seu permiso expreso. Conste que a chamei por teléfono, pero sen éxito. Digo eu que, ao ser un dos catro protagonistas (os outros tres son, claro, a cabeza de Xan, a súa cámara e o alxibe), non mo vai tomar a mal. Pero que quede claro en calquera caso que os dereitos da foto en cuestión son dela e só dela, de modo que fagan o favor de non roubala para facerme vudú, que os coñezo.

¡Ai! Non sei por qué me da o pálpito de que xa van voltar La Voz de Galicia e Radio Coruña-Cadena SER a dicir porcalladas de min. Serán os tempos que lles alteran as hormonas, qué sei eu. ¿Qué pensa vostede, dona?


2011-06-11 20:19 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69884

Comentarios

portada | subir