ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Arqueólogo honrado, profesión de alto risco: Ángel Villa, o Castro de Elviña e o 19-J

Arqueólogo honrado, profesión de alto risco: Ángel Villa, o Castro de Elviña e o 19-J

2011-06-19 15:55:54+02

Dicía onte que algo tería que ver o Castro de Elviña coa manifa de hoxe, 19-J.

E teno: o que está a suceder co Castro de Elviña participa en boa medida dos complexos (e por outra parte ben simples) fenómenos que provocaron o movemento de indignación que está a rexeitar unha economía deshumanizada; unha usurpación do poder político polas corporacións privadas internacionais que manexan ao seu gosto uns mercados transformados en deuses; a monopolización do pouco poder que queda por uns partidos políticos gobernados por aparatos profesionalizados, perversos no seu afán de perpetuarse, soberbios frente á cidadanía, infideis aos seus propios programas e esclavos dos poderes mediáticos e grupos de presión que contribuiron a crear; e, sobre todo, que está a esixir recuperación duns comportamentos sociais e políticos baseados nuns principios profundamente éticos que poñan fin ao "todo vale". As formas franquistas que se están a empregar para demonizar e desvirtuar o movemento non fan máis que poñer de manifesto a súa profundidade e o acerto do seu diagnóstico.

De todo iso hai no Castro de Elviña. Pero non falaremos hoxe diso. Deixémolo así, mesmo que sexa simplemente por seguir a Saramago nun pouco coñecido poema que, interpretado polo inesquecible Luis Cilia, poño aquí como agasallo a vostedes:



Dia não

De paisagens mentirosas
de luar e alvoradas
de perfumes e de rosas
de vertigens disfarçadas.

Que o poema se desnude
de tais roupas emprestadas
seja seco, seja rude
como pedras calcinadas

Que não fale em coração
nem de coisas delicadas
que diga não quando não
que não finja mascaradas

De vergonha se recolha
se as faces tiver molhadas
para seus gritos escolha
as orelhas mais tapadas

E quando falar de mim
em palavras amargadas
que o poema seja assim
portas e ruas fechadas

Ah! que saudades do sim
nestas quadras desoladas.


E por iso, ao tempo que digo NON cando NON, négome a falar de min en palabras amargadas: sexan pechadas as portas e as rúas ante tal pecado de egolatría. Se acaso noutro momento: hoxe non.

Hoxe toca falar dos irmáns orientais. Centrando máis o plano, dos irmáns orientais arqueólogos. Aproximándonos nun plano medio, dos irmáns orientais arqueólogos honrados, que tamén os hai dos outros, e abonda mirar os nomeamentos a dedo, a puto dedo, a peverso e corrupto dedo, no Museo de Arqueoloxía (vaia a miña homenaxe a Jorge Camino e á súa valentía) ou no Museo Etnográfico de Grandas de Salime (e vaia o meu saúdo ademirado e agarimoso a Pepe o Ferreiro; ao Alcalde non).

E xa facendo un primeiro plano, hoxe toca falar, cando menos citar por falta de tempo, do irmán oriental arqueólogo honrado Ángel Villa Valdés, convertido malgré lui en símbolo de coherencia, de resistencia, de valentía, de honradez e de compromiso coa misión que a sociedade lle encomendou: a protección, a defensa, a investigación e a promoción do Patrimonio Arqueolóxico Asturiano.

A noticia é recente, pero ainda así é imperdonable o meu retraso en facerme eco dela: a pesares do movemento de solidaridade que provocou o delirante, inxusto e perverso expediente disciplinario aberto contra Ángel Villa, a pesares do escrito da Comisión Científica do Museo Arqueolóxico de Asturias da que dependía Ángel, no que queda claro e nítido que a súa actuación foi impecable en todo momento, a pesares de que os poderes políticos asturianos están en funcións, contra toda lóxica e contra todo sentido común, Ángel Villa Valdés foi sancionado con tres meses de suspensión de funcións, léase tres meses de suspensión de empleo e sueldo.

¡Ai, Vicente Álvarez Areces! Tí, que fuches un dos meus ídolos xuvenís, cando como membro do PCE liderabas o movemento do 68 santiagués, rematas a tua carreira política, recorrida baixando peldaño a peldaño a escaleira da indignidade, cometendo, xa fóra de tempo, esta barbaridade. Creme que me sinto de certo triste ao ter que cambiar esa admiración por desprezo.

Ángel, son gajes del oficio. A Arqueoloxía, a medida que vai adquirindo importancia e prestixio social, vai sendo obxecto desexado e crisol de contradiccións e tensións. Os cobardes meten a cabeza baixo a ala e ainda pretenden que o seu sobaco sexa unha torre de marfil. Os valientes... diso falou Miguel Hernández:

Los bueyes bajan la frente
impotentemente mansa.
Delante de los castigos
los leones la levantan
y al mismo tiempo castigan
con su clamorosa zarpa.


Gajes del oficio. A Arqueoloxía honrada convertiuse nunha profesión de risco. Xa estamos no mundo, Ángel, e o mundo está feito unha merda. Por iso é a manifestación de hoxe. Por iso hai que indignarse. Eu, que xa me sentía irmán teu, síntome agora ainda máis, perseguidos e feridos polos indignos, polos innobles, polos corruptos, por aqueles que manchan a terra que pisan. Unha muller sabia e valiente adicouche hai pouco unhas verbas de Marco Aurelio. Fíxenas tamén miñas e axudáronme, porque é verdade: o que máis lles doe é que saben que non somos como eles. Velaí a nosa forza.

Eu levo as miñas sancións con orgullo, porque son feridas de guerra, da guerra que levamos pola Arqueoloxía, polo Patrimonio, polo coñecemento científico do pasado, pola defensa a ultranza do que é de todos. Así son as túas feridas tamén, Ángel: lúceas con lexítimo orgullo, porque non son máis que o roce da cola do monstro nos estertores da súa agonía.

E resiste. "Atrás dos tempos veñen tempos e outros tempos han de vir", cantaba o portugués Fausto. E tiña e ten razón. Frente a eses canallas, resistencia. Resistencia activa e transformación: cada ferida debe facernos máis fortes, máis convencidos e, xa que logo, máis perigosos para eles. Ten coidado. En palabras de Celaya:

De cuanto fue nos nutrimos
transformándonos crecemos
y así somos lo que somos
golpe a golpe y muerto a muerto
.

Resistencia e transformación, como a espiral logarítmica de Bernouilli, que a cada volta rexurde, sendo a mesma, transformada en maior, máis ampla, máis perfecta: eadem mutata resurgo.

Hoxe é día de dicir NON, como Saramago, como Manuel Alegre, como Joao Apolinario nestas verbas de resistencia:

Recuso-me a ficar amolecido
tragicamente cilindrado
e muito antes de lutar - vencido
e muito antes de morrer - violado.

recuso-me ao silêncio e à mordaça
serei independente, livre e exacto
a verdade é uma força que ultrapassa
a própria dimensão em que combato.

recuso-me a servir a violência
embora a minha voz de nada valha
mas que me fique ao menos a consciência
de que tentei romper esta muralha.


Ángel, a fin de contas, as nosas feridas, as túas e as miñas, son unha minucia si miramos arredor, aos realmente perxudicados pola codicia dos monstros. Pequenos rasguños cando outros caen coa cabeza destrozada ou co ventre reventado pola fame. Minucias.

Por iso, por ti e por min, pero sobre todo por eles, polos auténticamente desfavorecidos, hoxe toca mirar longo, pensar globalmente e actuar localmente. Por iso hoxe debemos indignarnos e sair á rúa por nós, por eles, por todos. Volvendo ao imprescindible Celaya:

¡A la calle, que ya es hora,
de pasearnos a cuerpo
y mostrar que, pues vivimos
anunciamos algo nuevo!


2011-06-19 15:55 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69943

Comentarios

portada | subir