ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Enero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas "raras" de Elviña, con probable final en Lugo (III)

De Atenas a Astorga: a longa viaxe dunhas pezas "raras" de Elviña, con probable final en Lugo (III)

2011-06-27 02:37:12+02



Así pois, trazouse unha nova área a escavar, que foi ampliada no transcurso dos traballos, ao SE da muralla exterior. unindo dous dos sondeos realizados en 2002: o Sondeo 5, ao SW da zona a escavar, do que xa vimos que había materiais entre o II e o IV d.C., e o Sondeo 6, ao NW, no que saíran os restos dunha casa de esquinas angulares con materiais do s. I d.C. Da Memoria Técnica entregada na Xunta de Galicia e xa aprobada pola Dirección Xeral do Patrimonio, cito:



"A área escavada foi ampliándose segundo os requirimentos da propia escavación. Sucesivamente foron abríndose os espazos que foron denominados como “Cata A", seguida da "Cata Estreita", a "Cata Longa" e a "Cata Nova", cada unha delas subdividida en dúas subzonas, a "Plataforma" ao Norte e o " Desnivel " ao Sur, separadas ambas as dúas polo trazado, visible ou suposto, da muralla. Finalmente ampliouse cara ao Norte a Cata A, dándose ao novo espazo o nome de "Ampliación da Cata A". Na documentación cada unha das zonas identifícase por dúas letras que definen a cata (CA= Cata A; CE=Cata Superficie escavada con zonas e subzonas Estreita; CL= Cata Longa, e CN= Cata Nova) seguida por unha terceira letra que sinala a subzona (P=Plataforma, e D=Desnivel). Á Ampliación da Cata A foi denominada ACA. En total abriuse unha superficie de 520 m2."

"O lamentable estado da documentación elaborada polo Equipo Técnico durante os meses de abril e maio, na que estaban sistemáticamente ausentes datos fundamentais para a comprensión e planificación da escavación, a pesares das miñas reconvencións e o meu traballo nocturno de revisión das fichas, de tal grado que chegou a comprometer seriamente a miña saúde por exceso de traballo e falla do imprescindible descanso cotiá, botou a perder os intentos de recuperar o tempo perdido. Pola contra, a laboriosa tarefa de realizar o que chamo "arqueoloxía inversa" por analoxía coa máis usual "enxeñaría inversa", é dicir, "deconstruir" a documentación xerada co fin de detectar os erros que causaban confusión coa súa posterior corrección, fixo que os traballos de laboratorio se prolongasen durante un longo tempo que tería sido innecesario se no traballo dos técnicos se tivesen seguido os protocolos adoptados para a escavación.

O que realmente importa agora é que nestes momentos entendemos estar en situación de ofrecer unha visión coherente do escavado, que pasamos a expoñer brevemente, pois non se trata dunha memoria definitiva, deixando os pormenores para esta, na que sigo a traballar, e que se encontra nun moi avanzado estado de elaboración.


"Non é sinxelo expoñer de forma breve a marcha e resultados da escavación, pois esta resultou moi complexa ao encontrármonos con espazos moi tocados en diferentes épocas, sucedéndose derrubas sucesivas separadas por leves capas de terra nas que sistematicamente aparecen máis claros os abandonos que as ocupacións."

"Na periodización, sempre interpretativa e provisional en tanto novos datos ou a constatación de erros non obriguen a substituíla, como sempre en ciencia, por outra ordenación máis coherente e económica, establecín once períodos, a saber:

1.- Contemporáneo
2.- Cultivos modernos
3.- Modificacións medievais (XIII-X)
4.- Altomedieval (X-VII)
5.- Xermánico (VI-V)
6.- Séculos V-IV
7.- Séculos IV-III
8.- Séculos III-II
9.- Muralla romana e preparación da ocupación imperial (século I?)
10.- Restos da muralla primitiva e ocupación preimperial.
11.- Pre-ocupación
"


A área 14, escavada en 2009, ao remate da escavación.

Os períodos que nos interesan agora son o 5 e o 6. Baixo as consabidas capas de terra vexetal, e unha vez escavados os potentes niveis de terras de cultivo modernas e medievais, aparece un panorama confuso e abigarrado correspondente á tardorromanidade sensu lato. Capas torturadas de abandonos e derrubos que pouco a pouco se van serenando ata configurar solos de ocupación e o que parecen restos dunha cachoupa adosada á muralla, que aproveita tamén muros anteriores, con feitos e refeitos entre os séculos III e V.



E neses niveis, acompañados, ademáis de polos omnipresentes fragmentos de lousas e de tegulae, por materiais claramente tardorromanos, como tsht ou vidros tardíos, comezan a aparecer pés realzados troncocónicos de cerámica gris, en todo similares aos kylikes de Luengo. ¿Qué pintaban aí esas cerámicas imitacións de áticas? Mesmo dando por bo que fosen derivadas de campanienses, estaríamos en momentos anteriores á era, cando todo o demáis era posterior, moi posterior.




(Continuará...)


2011-06-27 02:37 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/69986

Comentarios

portada | subir