ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > I Had A Dream (ou monumento celestial a Domanuel)

I Had A Dream (ou monumento celestial a Domanuel)

2012-02-05 14:29:37+01

Agora que vai pasando o tempo, que lentamente se convirten en lembranza as pompas e as gaitas fúnebres, que se agotan as loas e panexíricos das cofradías e que se vai esvaíndo o arrecendo da actividade de tanto espontáneo ou pagado turiferario, cecáis chegou o momento de desvelar a profecía.

Tiven un soño. I had a dream, coma Luther King, pero o meu vale máis, que para iso son católico ateo e él pastor baptista. No meu soño un anxo/a subíame ao ceo nun vo lixeiro, coma se fose Wendy levada da man de Peter Pan máis que coma se fose Dante, que eu máis ben son tomante (co soldo reducido primeiro, conxelado despois, e coa amenaza de ver reducidos os meus ingresos a un 60% polo terrible delito de estar afectado por un cáncer, que xa manda carallo con estes cínicos, penso que non haberá quen me discuta a categoría de tomante, e ben tomante; os dantes son os cínicos que fan esas cochinadas).

Ao chegar ao ceo todo era ameno e cheo de luz; unha luz que variaba a súa cor entre o blanco máis blanco e o vermello de sangue. O blanco saía de todos os sitios, do propio ar, do chan de nubes. O vermello de sangue saía do máis alto dun enorme monumento en forma de pirámide ou de cono.

No vórtice da pirámide estaba Domanuel con aspecto beatífico, nun trono sustentado por Julián Grimau e Enrique Ruano. Estes dous erguíanse, coma celestiais castellers, sobre os carlistas progresistas asasinados en Montejurra e estes, á súa vez, sobre os obreiros mortos de Vitoria, e todos eles levantados por centenas de mineiros asturianos e das súas mulleres con cabeza rapada que cantaban "Traigo la camisa roja de sangre de un compañero". Nunha certa cacofonía, o canto dos mineiros mixturábase coas voces dos compañeiros de escola de Domanuel en Vilalba, que non paraban de dicir rítmicamente "Ma-no-li-ño-cu-lo-gor-do, Ma-no-li-ño-cu-lo-gor-do".

Pero ambolosdous, o cachondeo dos nenos vilalbeses e a canción dos mineiros asturianos, mirá Maruxina, mirá, mirá cómo vengo yo, perdíanse pouco a pouco escurecidos polo berro que, nacendo en Grimau e Ruano, continuado polos mortos de Montejurra e polos obreiros asasinados en Vitoria, apioado polos mineiros, as mulleres rapadas e os nenos de Vilalba, contaxiaba imparable aos coros de anxos, arcanxos, querubines, serafines e demais variantes anxélicas, e delas á inxente masa de santos e santas, beatos e beatas, compañeiros e compañeiras, camaradas e camarados; un berro sinxelo, rítmico, incesante: A-SA-SI-NO A-SA-SI-NO A-SA-SI-NO A-SA-SI-NO

E o berro subiu dos santos e beatos ao pequeno podio, moito máis baixo que o trono do monumento a Domanuel, que ocupaban o Pai, o Fillo e o Espíritu Santo. E a tríada celestial contaxiouse do entusiasmo ceopopular e uniuse ao berro universal: A-SA-SI-NO A-SA-SI-NO A-SA-SI-NO

Domanuel, no alto do seu monumento, ao ver que a Trinidade lle berraba A-SA-SI-NO A-SA-SI-NO, mudou a cara, convertiuse en Tonante e tomou a forma dun monstro verde e enorme coma o incrible Hulk, quitou a chaqueta, tensou os tirantes coa bandeira de Españaunagrandelibrecaidosporunaespañamejorpresentes, encarouse con Deus Pai e Deus Fillo e espetoulles: "Vinde aquí se sodes homes, que vos dou unhas labazadas". Coa mesma abríuselle a cabeza e dela saiu un Estado en forma de corvo negro que se lanzou sobre o Espíritu Santo cegando os seus ollos a picotazo limpo.

Mentres tanto, nun lugar oculto nunha arqueta das cloacas de fecais celestiais, cheo de remates terminais de fíos que se conectaban con todo e con todos, Rodolfo Irago tomaba apuntes para a nota de prensa de Rubalcaba e ao seu carón Ángeles Afuera grababa subrepticiamente para facerlle a cama a Deus Pai e emitila de inmediato pola cadena SER.

Despertei cheo de sudor. A próxima vez medireime un pouco, non vaia ser que en vez dunha profecía todo sexa producto da difícil dixestión dunha laconada como Domanuel (¿ou era Deus Pai? un xa se lía) manda.


2012-02-05 14:29 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71238

Comentarios

portada | subir