ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso, actualízate. merece mucho la pena.

Quotidianum

As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello

Arquivos

<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

************************* Segui @XoseMariaBello ************************* Free counter and web stats *************************


Blogalia

Blogalia


©2002 elpater

Inicio > Historias > Maravilloso Turismo de Galicia

Maravilloso Turismo de Galicia

2012-07-22 17:53:17+02

Entre as manías da postmodernidade está a de trivializar o Patrimonio Histórico (escríboo con maiúscula porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña) convertíndoo en mero obxecto de consumo vía turismo. Ao turista só lle interesa consumir a toda pastilla, canto máis mellor, facendo a foto ou o vídeo para demostrar que se estivo onde os cánones (turísticos, dende logo) mandan estar. No envés, ao xestor turístico só lle interesa que os turistas vaian onde se lles ordea, consuman o que deben consumir, paguen o que deben pagar, e engrosen as estadísticas na medida na que as deben engrosar. Exprimir, ser exprimidos e pasar polos lugares sen rompelos nin manchalos. Iso é todo.

Por iso non son de extrañar as auténticas barbaridades que o turismo comete coa Cultura e co Patrimonio Histórico. Por poñer un claro exemplo que atopo de puritita casualidade, valga esta frase:

"La Civilización Castreña aparece en el noroeste peninsular hace más de dos mil quinientos años, llegando a su máximo apogeo entre el año 700 a.C. hasta que fueron conquistados por los romanos en el 60 a.C. Vivían en fortificaciones llamadas Castros."

O autor debeu quedar calvo co esforzo. Teñen a maravilla na entrada de Turismo de Galicia adicada ao Castro de Elviña.

E da Torre de Hércules mellor nin falar.

¿Pódese conxeniar o Turismo coa Cultura? Sen dúbida sí, pero nin é fácil nin é habitual. E dende logo o que é aberrante é deixar a Cultura nas mans do Turismo: e poñer á raposa a coidar do galiñeiro.


2012-07-22 17:53 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72135

Comentarios

portada | subir