As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello
< | Noviembre 2024 | |||||
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
©2002 elpater
-¿Quién me habla? ¿Sois voces del otro mundo? ¿Sois almas en pena, o sois hijos de puta?, espetoulles don Juan Manuel de Montenegro ás voces e luminarias que perturbaron o seu cabalgar de borracho no comezo de Romance de Lobos. E espantounas.
Foron Manito e Arsenio Iglesias quen me presentaron a Fausto Galdo na primeira reunión da Directiva do Instituto de Estudos "Torre de Hércules". Máis tarde tiven o pracer de acompañalos nunha detida visita á Torre, e dende entón a nosa relación foi fluida, boa e cordial. Foron moitas as reunións de traballo e unhas cantas as ceas que compartimos. Estivemos xuntos cando a morte de Manito (e do Instituto Torre de Hércules), e foi Fausto quen me presentou á muller e a filla daquel. Gustoulle o breve que escribín entón para un periódico que ainda non se afogara na inmundicia.
Nada podo facer máis que apretar os puños e aguantar a dor de ver o futuro convertido en lembranza.
Dubido que nas necrolóxicas que falarán, como cómpre, da súa carreira de reumatólogo e da súa divertida faceta como gourmet, os redactores lembren esa presencia de Fausto Galdo, gran amigo de Manito, no Instituto que este creou e que morreu con el. Por iso, vaia como homenaxe a Fausto, compañeiro de fatigas no empeño de incluir á Torre na lista do Patrimonio Mundial, o meu último artigo acerca dela.
Sit tibi terra levis.
Tweet
2012-12-07 14:31 | 1 Comentarios
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72722
1 |
|
||
Oh my goodness! an amazing article dude. Thank you However I am experiencing issue with ur rss . Don’t know why Unable to subscribe to it. Is there anyone getting identical rss problem? shark killing games |