As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello
< | Diciembre 2024 | |||||
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
©2002 elpater
O diario La Opinión publica hoxe un interesante comentario sobre o Castro de Elviña, da autoría de Ana Rodríguez, sinalando que, como tantas outras veces, las cosas de palacio van despacio.
É moi de agradecer a Ana Rodríguez e a La Opinión a súa preocupación polo Castro e pola súa investigación, así como a comprensión da importancia de non deixarmos pasar a oportunidade histórica de dar un pulo importante a ese xacemento, que goza dunha envidiable situación a carón da cidade. Vai sendo hora de que se limpe dunha vez todo lixo que xentes e medios desaprensivos botaron, sen xustificación ningunha, enriba de proxectos, institucións e persoas, e que tanto perxudicaron e mesmo perxudican a un proxecto de singular importancia para a cidade. O tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar, e non teñan dúbidas de que ese camiño é imparable: non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo.
E nese camiño son imprescindibles os medios de comunicación, moralmente obrigados a incentivar a apoiar o que resulta bo para a cidade que os mantén.
Con todo, e sempre con carácter de letra pequena fronte ao xa dito, debo sinalar algúns pequenos erros que poden confundir ao lector: nin hai máis "externalización" que antes, nin a constructora adxudicataria se presentou conxuntamente con ningunha empresa de arqueoloxía, nin o proxecto estaba pensado para este verán, nin a duración dos traballos de escavación é de cinco meses (a escavación é de dous meses e medio, o resto é para traballos de estudo, análise, debuxo, elaboración de memorias... traballos de laboratorio en suma).
Pero o importante é o primeiro: que os medios de comunicación se sumen ao esforzo colectivo, protagonizado neste caso polo Concello da Coruña, en favor do Castro de Elviña. Como corresponde.
Polo tanto, grazas. Moitas.
Tweet
2013-03-31 18:10 | 2 Comentarios
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/73201
1 |
|
||
Tienes un blog realmente útil que he estado leyendo hace como una hora. Soy un novato y su éxito es una gran inspiración para mí. fun scary games |
2 |
|
||
This release is really informative and shows a good example of a nature-friendly project we can all spend our time on. |